Sectores

COMUNICADO UGT AMICOS

Os membros do comité da empresa de AMICOS, delegados do sindicato UGT, queremos desmentir e aclarar as informacións difundidas polo sindicato CIG.
Antes de nada, queremos reafirmar o noso firme compromiso coa legalidade laboral e co benestar de todo o persoal da Asociación Amicos.
Queremos manifestar que as declaracións realizadas pola CIG carecen de fundamento e presentan unha visión distorsionada e afastada da realidade. Aclaramos os seguintes puntos:


  1. SENTENZA SOBRE O DESPEDIMENTO DISCIPLINARIO DO TRABALLADOR
    Tras facerse pública a sentenza sobre o despedimento do traballador, os membros do sindicato UGT solicitamos á entidade un informe co obxectivo de esclarecer o sucedido. Segundo o informe, concluíuse que o xuíz non puido determinar a culpabilidade, nin por parte do traballador nin por parte da entidade. A sentenza acredita que Amicos levou a cabo o despedimento respetando escrupulosamente o marco legal e actuando sempre no mellor interese das persoas usuarias e das súas familias.
    O tribunal emitiu, en consecuencia, unha resolución na que se establece que Amicos debe optar entre a readmisión do traballador ou o pagamento dunha indemnización.

  1. ACUSACIÓNS DE PERSECUCIÓN AO PERSOAL
    Negamos rotundamente as acusacións de persecución e acoso laboral. Se estas afirmacións fosen verdade, seríamos os primeiros en denuncialas.
    Queremos deixar claro que o comité non recibiu ningunha queixa por parte de ningún traballador ou traballadora, nin a día de hoxe nin en meses anteriores. Os membros do comité, incluídos representantes da CIG, reuníronse no pasado mes de setembro, onde a orde do día non incluía ningunha incidencia, nin se sinalaron incumprimentos laborais por parte da entidade. O Comité é o órgano correspondente para tratar este tipo de situacións e defender os dereitos de todo o persoal da empresa.
    En relación cos cambios no persoal mencionados pola CIG, descoñecemos os motivos exactos. Como membros do comité da asociación, queremos deixar constancia de que, a día de hoxe, non temos recibido ningunha queixa nin temos coñecemento de irregularidade ou incumprimento por parte de ningún traballador.

De ser o contrario, seríamos os primeiros en denunciar estas situacións, xa que o noso obxectivo é garantir os intereses do persoal traballador.
Queremos salientar que traballamos cun grupo de persoas gravemente afectadas, o que fai que a tarefa diaria sexa especialmente complexa e esixente. En ocasións, esta dificultade para xestionar situacións complexas pode levar a que algunha traballadora ou traballador tome a decisión de cambiar de emprego.
Ademais, como membros de comité, mantemos conversas periódicas co persoal para recoller propostas de mellora, tanto organizativas como laborais, co obxectivo de negocialas coa dirección da entidade. A máis recente destas propostas foi a mellora horaria e económica para as próximas festividades de Nadal.


  1. SOBRE O AMBIENTE LABORAL
    Os membros de UGT do comité de Amicos levamos meses traballando para crear e reforzar un ambiente de traballo respectuoso, saudable e positivo. Non comprendemos como se pode afirmar a existencia de mal ambiente laboral cando o comité de empresa, representado por UGT e CIG veñen mantendo reunións nas que non se manifesta esta disconformidade.
    Como traballadores de Amicos, consideramos que as afirmacións de «terror laboral» carecen de fundamento e contradín os valores que defendemos como traballadoras e traballadores, baseados no respecto, compromiso e benestar do equipo humano que conforma a entidade.

  1. RELACIÓN COA REPRESENTACIÓN SINDICAL
    Desde a súa constitución, o comité de representación sindical mantivo sempre pleno respecto ao dereito á liberdade sindical e asegurou canles de diálogo aberto e fluído coa dirección da entidade.
    Como membros do sindicato UGT, consideramos que as afirmacións realizadas pola CIG son falsas e buscan desestabilizar o valioso traballo que realizan os máis de 100 traballadores e traballadoras que, de maneira diaria e durante todo o ano, ofrecen un servizo de apoio fundamental ás persoas con discapacidade.
    Facer estas acusacións non só é erróneo senón que tamén prexudica a todos os profesionais e o esforzo diario que levan a cabo no benestar das persoas usuarias.

  1. ELECCIÓNS SINDICAIS
    E unha falta de respeto absoluta á democracia, afirmar que a votación das eleccións sindicais estivese amañada pola empresa, non respetando a liberdade do sufraxio dos case 100 traballadores e traballadoras que conforman a asociación.
    E totalmente falso que a organización CIG fose a máis votada nas eleccións da Asociación Amicos do mes de marzo entre o persoal da Asociación Amicos.
    Na mesa sindical do Centro Integral de Amicos en Boiro, o resultado foi de 2 delegados para a CIG e 3 para a UGT. Na mesa do Centro de Educación Especial en Ribeira, o resultado foi de 1 delegada para a UGT. En total, a representación quedou distribuída con 2 delegados para a CIG e 4 para a UGT. Este resultado foi a vontade dos máis de 100 traballadores que conforman a entidade.

Como traballadores de Amicos, reiteramos o noso chamamento á responsabilidade e ao rigor na difusión de informacións.

Solicitamos a todas as partes implicadas que eviten xerar alarmas innecesarias e que non prexudiquen o valioso traballo que realizan as persoas traballadoras da organización, quen se dedican, día a día, con esforzo e compromiso, ao benestar das usuarias e usuarios.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.