COMUNICADO SOBRE A SUBIDA SALARIAL LOGRADA POR UGT-SP E AS CRÍTICAS DE FSIE A UN ACORDO HISTÓRICO

O 27 de novembro, a UGT-SP asinou, co Ministerio de Facenda e Función Pública, o Acordo Marco pola mellora do emprego público e o servizo á cidadanía para os anos 2025-2028, que inclúe aos docentes do ensino concertado en pago delegado. Grazas ás negociacións e posterior sinatura da UGT, haberá un incremento salarial importante, moi ben recibido no sector, por considerarse unha conquista histórica no ámbito da concertada.

Con todo, o sindicato FSIE atrévese a cualificar este acordo de “insuficiente”, afirmando que non garante a recuperación do poder adquisitivo perdido polo persoal do ensino concertado. Porén, resulta chamativo que, ao mesmo tempo que FSIE critica o Acordo Marco, reclame a súa aplicación inmediata. Esta contradición evidencia que mesmo quen cuestiona, está a recoñecer que os incrementos pactados son necesarios e beneficiosos para o colectivo. Así, desde a UGT-SP, subliñamos varios aspectos fundamentais:

  • Os incrementos pactados son os que chegan aos salarios e aos módulos de concertos. Non son froito da casualidade nin da inercia, senón dunha negociación na mesa da función pública na que UGT sí está presente e asina. FSIE non está, nin se lle espera.
  • A sinatura da UGT-SP garante que o profesorado en pago delegado reciba os mesmos incrementos que o persoal empregado público. Esta homologación é unha conquista histórica que evita desigualdades e asegura que a concertada non quede descolgada.
  • Os incrementos salariais nunca viñeron sós nin “caeron do ceo”. Foron sempre froito de acordos como este, negociados e asinados pola UGT. Mentras FSIE limítase a emitir comunicados contradictorios, a UGT negocia e logra que os salarios suban. Critica o Acordo Marco, pero esixe que se cumpra? A UGT considera que esta postura de FSIE é totalmente incoherente.

En síntese:

A UGT-SP reafirma que o sindicalismo de clase é máis útil que o corporativismo. A nosa acción non se basea na confrontación nin na retórica, senón en garantir melloras reais e homologadas para todo o persoal.

Con este Acordo Marco, o profesorado do ensino concertado recibe os mesmos incrementos que o persoal empregado público. Esta é a verdadeira garantía: a UGT asegura que os salarios suban, mentres outras organizacións sindicais se limitan a criticar dende a ‘bancada’. A homologación está garantida: coa sinatura do Acordo, o profesorado en pago delegado recibe os mesmos incrementos que o persoal público.

A UGT negocia e asina. FSIE só predica. Grazas á UGT, os salarios da concertada medran de igual modo que no ensino público. Pero estos incrementos non caen do ceo. Son froito do traballo e da negociación da UGT na mesa da función pública na que a UGT está con forza.

O sindicalismo de clase asegura melloras reais fronte ao corporativismo que só critica.

Imagen de UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.