Sectores

Reunión sobre atribución dos Complementos Salariais no ámbito do Persoal Laboral da AGACAL


Recibida a proposta de redistribución complementos, na xuntanza os representantes do AGACAL expoñen a mesma. Indica o xerente que a pretensión é intento de harmonización dos mesmos, en atención a que moitos foron asociados aos postos como consecuencia de demandas xudiciais, cuestión que entende debe ser modificada, pasando a abrir unha negociación coas OOSS ao respecto.

Logo de definir a súa interpretación ao respecto dos conceptos do contido dos pluses, segundo eles, de conformidade coa xurisprudencia, o pretendido é concretar e definir os criterios da asignación dos mesmos. Neste punto UGT manifestou que si ben é certo que consideramos que a apertura dunha negociación de pluses é correcto e loable, así como o intento de unificar e homoxeneizar, non estamos de acordo coas definicións descritas, en tanto que son sesgadas e de parte, pretendendo servir de base para minorar dereitos adquiridos, que en todo caso suporían, de levarse a cabo, modificacións substanciais das condicións de traballo, para as persoas traballadoras que actualmente están a percibir os ditos pluses. UGT entende que toda vez que conseguidos de conformidade con sentezas xudiciais nada hai que negociar sobre a súa aplicación.

En resposta ao anterior expón a administración que en ningún caso afectarían ao persoal que os están a percibir, sendo de aplicación a futuro unha vez que as persoas deixasen vacantes os postos.

En todo caso UGT non acepta o principal criterio esgrimido ao respecto de que o risco deixa de existir unha vez adoptadas as medidas correctoras, UGT entende que o risco, sexa a penosidade, a perigosidade e a toxicidade existen e seguirán existindo por moitos EPIs e medidas que se adopten, é certo que as persoas unha vez dotadas dos mesmos minimizarán o risco, pero este seguirá existindo. Polo tanto si a AGACAL parte desa premisa para concluír a asignación dos pluses, UGT entende que o punto de partida é erróneo e polo tanto as conclusións tamén.

Asumido por parte dos responsables que os criterios serán obxecto de negociación, co fin de acadar consenso.

Funcións dos postos de traballo:

Outra das cuestións tratadas son as funcións asociadas aos postos de traballo, que entendemos son parciais e incompletas. Desde a nosa concepción consideramos que toda Análise de Postos de Traballo (APT) debe ter a desagregación que comprenda, en primeiro lugar as competencias dos postos que se deben desegregar en funcións e estas en tarefas. Si o desenvolvemento da APT non se realiza deste xeito correse o risco de non avaliar correctamente os postos e polo tanto chegar a conclusións, que novamente van a ser erradas, ao igual que sucede cos complementos. De feito os complementos deberan estar baseados nesta análise. Aconsellamos seguir unha estrutura de APT baseada neses tres conceptos: competencia, funcións e tarefas. De igual forma para a desagregación das mesmas a Administración Autonómica conta co Instituto Galego das Cualificacións Profesionais que seguramente aporte luz sobre a técnica pola que se debe desenvolver e asignar as mesmas.

Queda aberto prazo de 15 días para presentar alegacións ao documento. Podes remitir as túas aportacións aos seguintes enderezos:

 

sindicato-uxt@xunta.gal

coruna@ugt-sp.ugt.org

uxt.lugo@xunta.es

xunta.ourense@ugt-sp.ugt.org

pontevedra@ugt-sp.ugt.org

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.