Sectores

Como exercer o voto por correo nas eleccións sindicais do vindeiro 1 de decembro


O vindeiro 1 de decembro celebraranse as eleccións sindicais nos centros educativos das que sairán os delegados e delegadas sindicais de cada provincia. Cada voto é importante e pode axudarnos a aumentar o número de persoas que temos para atenderte. Por iso, se vas estar ausente, poderás exercer igualmente o teu dereito solicitando o voto por correo. 

Velaquí os pasos a seguir:

1.– Ata o 24 de novembro, a persoa interesada tería que presentar unha solicitude nunha oficina de correos dirixida ao enderezo da mesa coordinadora, en sobre aberto, para ser datada e selada polo persoal funcionario (quedarse cunha copia) identificándose diante do/a funcionario/a de correos co seu DNI.

Solicitude para as persoas censadas na Coruña

Solicitude para as persoas censadas en Ourense

Solicitude para as persoas censadas en Lugo

Solicitude para as persoas censadas en Pontevedra

2.- A Mesa Coordinadora comprobará que a persoa está no censo. O interesado recibirá no enderezo indicado na solicitude, as papeletas, o sobre da votación e outro sobre de maiores dimensións.

3.– A persoa electora deberá introducir o voto no sobre da votación pechado (o pequeno). Este sobre a súa vez no mais grande, xunto coa fotocopia do DNI e remitirao por correo certificado á mesa electoral parcial onde lle corresponda votar.

Os sobres de voto por correo recibidos na mesa electoral parcial serán gardados e custodiados polo/a secretario/a da mesma ata o día 1 de decembro, día da votación. Sen embargo, se o voto se recibe unha vez rematada a votación non se computará e deberá ser destruído, por iso é importante non apurar os prazos.

Como sempre, se tedes algunha dúbida, podedes contar con nós. Estamos aquí.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.