Sectores

Comité Intercentros. Persoal Laboral da Xunta de Galicia


O Comité Intercentros do Persoal Laboral da Xunta de Galicia reuniuse en convocatoria ordinaria (UGT, CIG, CC.OO, CSIF), para tratar os seguintes puntos da orde do día:

 

APROBACIÓN DA ACTA 4/2022

  • Apróbase por unanimidade

 ESCRITOS RECIBIDOS E ENVIADOS

Comunícanse:

  • 37 adscricións temporais
  • 60 prórrogas.
  • 26 superiores categorías.
  • 2 adscrición deixalas sen efectos .
  • 2 denegadas.
  • 1 adscrición revogada.

 OPE ESTABILIZACION POSTOS DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Acórdase solicitar reunión coa Dirección Xeral da Función Pública pola Oferta de Emprego Público extraordinaria correspondente á estabilización de emprego temporal, ao respecto do persoal de Illas Atlánticas e a puntualización que aparece na táboa correspondente.

 ASUNTOS DE TRÁMITE

ACÓRDASE REMITIR ESCRITO á Comisión Central de Listas e a Dirección Xeral da Función Pública pola problemática ao respecto da xubilación do persoal e o cumprimento do período mínimo de cotización.

 

UGT Informa-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.