Reunión do Pleno do Comité Intercentros do Persoal Laboral da Xunta de Galicia do 08/11/22, no que se trataron os seguintes temas:
APROBACIÓN DA ACTA
Apróbase a acta 07/2022
ESCRITOS RECIBIDOS E EMITIDOS
- 21 adscricións
- 10 prórrogas
- 34 superiores categorías
- Recíbese un escrito do Comité de Empresa de Economía, Emprego e Industria de Lugo , informándonos que fixeron un escrito a Dirección Xeral de Función Pública solicitando que tomen medidas nas prazas de consolidación pendentes de toma de posesión xa que producíronse vacantes e temen que afecten aos procesos extraordinarios da Lei 20/21.
Acórdase facer un escrito no senso de que non se fagan amortizacións de ditas prazas.
CAMAREIRAS – LIMPADORAS
Acórdase solicitar información das datas de funcionarización de este colectivo e do desenvolvemento do proceso.
DECRETO DE LISTAS 37/2006
Remitíronse escritos á Dirección Xeral da Función Pública e Comisión Central de Listas:
- Instando á actualización das categorías que seguen sen actualizar .
- Solicitando unha apertura extraordinaria de listas na categoría de enfermeiras ou en categorías nas que carezan de persoal suficiente para a cobertura de incidencias ou períodos de vacacións que estean sen desfrutar .
Non se tivo ningún tipo de contestación polo que se acorda solicitar reunión urxente con Función Pública devido a problemática que carrexa non ter persoal en listas.
- Acordase solicitar que se nos faga entrega dunha “instrución” que parece que posúen os centros de traballo, na que obriga á finalización dun contrato sen encadear ningún outro á mesma persoa, xa que, segundo nos trasladan están a darse solucións diferentes dependendo do centro.