Ábrese o prazo para solicitar comisións por razóns de saúde cando houbera causas sobrevidas. Poderánse solicitar dende o mércores día 25 de agosto ata o día 2 de setembro de 2021, ambos incluídos.
Este prazo aplícase exclusivamente ós casos que poidan xurdir por causa sobrevida fóra do prazo de presentación de solicitudes establecido na presente orde e con anterioridade á adxudicación definitiva dos destinos provisionais para o curso académico.
Para formular unha solicitude de comisións de servizos por razóns de saúde para situacións de causas sobrevidas deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia mediante o procemento ED010B.