Proposta de protocolo da Xunta de Galicia para a protección ás persoas empregadas públicas vítimas de violencia de xénero:
Votación: UGT a favor CIG a favor CCOO a favor CSIF a favor
A Directora Xeral comentou que se trata dun documento aprobado na Comisión de seguimento do Plan de Igualdade e que logo de pasar pola Mesa Xeral, incorpora dúas matizacións aportadas por CIG.
Explicación do voto de UGT: certamente o Protocolo foi traballado na Comisión de seguimento do Plan de igualdade asinado por UGT, CCOO e CSIF, introducíronse moitas das alegacións que foron formuladas por esta organización, e por elo votamos a favor. No obstante, deixamos constancia de que a cláusula oitava tal e como quedou co matiz da CIG, UGT discrepa. Seguiremos defendendo e demandando que sexa persoal da Unidade de Igualdade de cada ámbito con capacitación na materia, e non que se designe por cada órgano ……. Pedimos que figure expresamente na acta da Comisión. Outros sindicatos tamén manifestaron reservas sobre esta libre designación.
Como xa informaramos, o Protocolo será de aplicación ao persoal da administración xeral e das entidades instrumentais do 45.a da LOFAXGA. Regula o procedemento e as garantías de confidencialidade, intimidade e protección de datos, así como as actuacións a realizar no prazo, como máximo, de 48 horas ante a situacións de violencia de xénero.
Contempla medidas de carácter informativo, asistencial, de sensibilización e formación para protección das vítimas, así como a de promover a cultura da tolerancia cero coa violencia de xénero. E as medidas laborais son: cambio do posto de traballo; posibilidade de redución da xornada; horario flexible por razón de conciliación e teletraballo. Contémplase tamén a Comisión de seguimento dos asinantes
ROGOS E PREGUNTAS:
- As prazas de estabilización para cubrir pola quenda de discapacidade que queden sen cubrir, vanse acumular ás de acceso libre?
- DXEPAP: que o estudiarán
- Está prevista a devolución de taxas de solicitudes incorrectas de inclusión en procesos selectivos da Lei 20?.
- DXEPAP: xa comezaron coa devolución das taxas e seguiran devolvendo cando proceda.
- Persoal da GAIN:
- Unha organización sindical preguntou polas supostas negociacións que ao parecer está a levar a cabo un sindicato, sobre a implementación dos decretos de estrutura, recentemente publicados, e coñecer os criterios que se están a seguir na división das unidades?.
- Pregúntase ao respecto das 3 persoas aprobadas que teñen aprobado os procesos de estabilización en GAIN e Xunta, sobre a temporalización da finalización de ditos procesos.
- DXEPAP: á primeira pregunta responde que aínda non analizaron a RPT de GAIN nin están a tratar a cuestión, e á segunda cuestión di que se estudiará no seu momento.