Sectores

Reunión Comisión de Seguimento do Acordo de Condicións de Traballo do Persoal dos Centros de xestión propia da Consellería de Política Social e Xuventude e CGSIB

Carteleiras

  • Carteleiras entregadas os Comités para negociar coas Xefaturas Territoriais, como todos os anos, a próxima semana, e deberían aplicarse dende o 1 de febreiro pois sempre son máis beneficiosas co Acordo.
  • Aplícanse os criterios do Acordo (máximo de noites e festivos e desconto horas por noite).

Créanse prazas a maiores das xa creadas, para aplicar o Acordo en materia de carteleiras, as cuestións estruturais trataranse máis adiante.

  • 3 prazas  en Política social (2 TCAE+1 subalterno)
  • 33 prazas Consorcio incrementa (29 xeros, 3 PSX, 1 técnico/a)
  • 14 prazas en Escolas infantís de Política Social (13 prazas TEXIS+ 1 camareira-limpadora)

Supostos excepcionais de redución de presenzas

1 presenza/ 1 día á semana, 1 presenza/ 1 día cada 3 semanas, e un suposto no que se reducen 2 presenzas/ 2 días a semana

  • Cobertura con intersubstitución que se regulará de inmediato

Protocolo de violencia está a traballarse coas OOSS na Vicepresidencia, e ao rematar a traerán a esta Comisión.

Axuda comedor mantén o criterio de contía igual ás que se aplican nos Servizos Centrais, remitirán proposta sobre procedemento.

Intersubstitución enviarán regulación e terá compensación económica.

Escolas infantís manifesta que se lles aplica o Acordo e se demostra coa creación de prazas.

24 e 31 de decembro de 2023 irá á Comisión de Persoal o próximo mércores día 23 de xaneiro e modificarase a resolución que corresponda.

Noite de festivo  adoptarase criterio homoxéneo para todos os centros.

  1. Insistir na necesidade de ser respetuoso co Acordo por todas as partes asinantes e amosar a disconformidade e malestar polas actitudes que non se corresponden con tratado nesta Comisión de seguimento.
  2. Igual sucede con 24 e o 31 de decembro de 2023, xa que se trata de normativa básica e común para todo o emprego público, ditos días de caer en sábado teñen caracter de días adicionais de asuntos particulares, como os outros 6 AP, nada teñen que ver as quendas ou modalidade de xornada, nada teñen que ver coas claúsulas do Acordo. Modifiquen a Resolución de 2016.

O tema das presenzas veremos nas carteleiras si é excepcional, pero no suposto de falta de 2 presencias/ dous días/semana, de non estar incluídos todos os descansos de domigo e festivo podería superar o 0,40 para crear praza.

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.