Sectores

Comisión de Seguimento Carreira e Complemento de Desempeño


En reunión de ambas comisións de seguimento, a de persoal funcionario (UGT, CCOO e CSIF) e a de laborais (UGT e CCOO), apróbase o seguinte:

SUPOSTOS PARA O CÓMPUTO DA ANTIGÜIDADE

En relación aos supostos para o cómputo da antigüidade aos efectos de cumprir os requisitos establecidos para o recoñecemento do grao que corresponda acórdanse por unanimidade as seguintes interpretacións:

  • Suposto 1: Persoal funcionario de carreira doutra administración, que se integra como persoal funcionario nesta Administración en virtude de concurso de traslados. Unha vez integrado se computa toda a súa antigüidade como se fose experiencia en Xunta, sempre que esa integración sexa anterior a 31.12.2021.

  • Suposto 2: Persoal integrado como persoal laboral da Xunta de Galicia en virtude do Decreto 129/2012, se computa como antigüidade en Xunta os servizos prestados antes da súa integración como persoal laboral fixo.

  • Suposto 3: Persoal funcionario que logo de acceder a Xunta mediante a superación dun proceso selectivo, ten antigüidade noutra Administración. Esa antigüidade computa como experiencia en Xunta, sempre que se trate de experiencia na mesma escala

  • Suposto 4: Persoal funcionario Xunta, que ten servizos prestados como persoal estatutario ou como persoal da administración de Xustiza. A petición de UGT na anterior reunión propúxose a reciprocidade do recoñecemento con SERGAS e Xustiza, o Director informa que están analizando que instrumento se pode aplicar para que exista ese recoñecemento.

INTERPRETACIÓN DA AVALIACIÓN DOS CURSOS DE LINGUA GALEGA.

Dado que os cursos de iniciación e perfeccionamento da lingua foron tidos en conta para acceder ao grao I, considérase que deben computarse tamén para acadar o cumprir o requisito de formación para o grao II.

En consecuencia, proponse que todos os cursos de lingua galega computen tanto para o grao I como para o grao II.

Sobre esta cuestión os tres representantes das organizacións sindicais manifestamos que deben computarse os cursos de iniciación e perfeccionamento da lingua galega para todos os graos da carreira administrativa, aprobándose esta interpretación.

Remitiuse coa convocatoria o seguinte texto:

Suposto de feito: persoal laboral fixo que se funcionariza en virtude do Decreto 165/2019, dende a funcionarización do posto, pasa a ocupar un posto con nivel.

Interpretación: pódese entender que a ocupación dese posto con nivel é anterior a conversión do posto de laboral en funcionario mediante a modificación da RPT. É dicir, os dous anos en postos de nivel computarían dende que desempeña ese posto como laboral ou dende que o desempeña como funcionario. Sempre que sexa mesmo posto.

Esta interpretación é aprobada por unanimidade.

CLÁUSULA ADICIONAL SEGUNDA. RECOÑECEMENTO DE GRAO MEDIANTE SENTENZA XUDICIAL

O acordo da convocatoria establece:

As persoas que, con posterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes, obteñan sentenza xudicial firme individualizada de recoñecemento da carreira administrativa poderán solicitar o recoñecemento do grao II no prazo dun mes desde a firmeza da sentenza sempre que cumpran os requisitos para obtelo na data do 31.12.2021.

Neste suposto deberá presentar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia unha solicitude mediante o modelo PR004 (Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado) dirixida á Dirección Xeral de Función Pública alegando o que considere necesario.

Interpretación en relación ao inicio do prazo:

Debe entenderse que o prazo dun mes desde a firmeza da sentenza iniciarase ao día seguinte da notificación do decreto de declaración da firmeza da sentenza.

ROGOS E PREGUNTAS

  • Prepararán informe actualizado da situación do pagamento para a vindeira xuntanza.

  • UGT pregunta pola situación dos pagamentos do grao II que aínda están por realizarse e as implicacións na declaración da renda. Para la próxima reunión traerán a cuestión pechada con nóminas de AMTEGA.

  • UGT solicita a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, solicitude que xa tiña feito en anteriores xuntanzas.

 

INFORMA-T

 

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.