Sectores

Comisión de seguimento Acordos Carreira e Complemento Desempeño

Resumo das reunións de ambas Comisións de seguimento e dos criterios tratados comúns a complemento de carreira e de desempeño:

CÓMPUTO ANTIGÜIDADE:

Os servizos prestados noutra Administración valoraranse no mesmo grupo, no se pode valorar na mesma escala por non estar establecidas equivalencias entre escalas de distintas administracións.

As empregadas e empregados públicos que teñen reclamada e desestimada a valoración como mesmo grupo, deben presentar RECURSO DE REVISIÓN. Aquelas que aínda non a teñen desestimada seráselles recoñecida de oficio.

NOVO SUPOSTO: PERMUTA

Caso de atoparse nesta Administración ocupando un posto de traballo mediante a modalidade de permuta, computarase toda a antigüidade, do mesmo xeito que o acordado no caso de quedar integrada nesta Administración mediante concurso.

SOBRE O PERSOAL PROCEDENTE DO EXTINTO CIXTEC:

Persoal procedente do extinto CIXTEC, que non se poido integrar como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia ao abeiro do Decreto 129/2012 por ter xa a condición de persoal laboral fixo en situación de excedencia por incompatibilidade, que cumpra algún dos criterios de avaliación establecidos ten dereito ao recoñecemento do grao I do complemento de desempeño ou de carreira administrativa, segundo teñan a condición de persoal laboral ou funcionario respectivamente.

Son 2 os efectivos afectados da categoría III-91.

Os efectos deste recoñecemento serán do 01.01.2022 e coas mesmas porcentaxes que as establecidas para o resto do persoal laboral ou funcionario.

NOVO SUPOSTO:

Persoal que tivo a condición de funcionario público da Xunta de Galicia e que actualmente está prestando servizos na mesma co seu destino definitivo en outra administración seralles recoñecida a carreira administrativa á que teñan dereito co cumprimento dos demais requisitos establecidos na normativa de desenvolvemento da mesma.

As empregadas e empregados públicos que teñen reclamada e desestimada a valoración como mesmo grupo, deben presentar RECURSO DE REVISIÓN. Aquelas que aínda non a teñen desestimada seráselles recoñecida de oficio.

PERSOAL DA LEI 17/1989

Para o cómputo dos cinco anos de servizos prestados como persoal funcionario da escala de Saúde pública e administración sanitaria – Lei 17/1989 (inspector/a médico/a, inspector/a farmacéutico/a, farmacéutico/a inspector/a de saúde pública, subinspector/a sanitario/a, ATS/DUE), valoraranse os servizos prestados como persoal estatutario.

HOMOLOGACIÓN CARREIRA XUSTIZA

A proposta da DX de Xustiza, formúlase valorar os servizos prestados con recoñecemento recíproco dos graos de traxectoria profesional do persoal de Xustiza e dos graos da carreira administrativa da Administración da Xunta de Galicia. A Administración aporta un texto que quedamos emprazados a alegar co fin de recoller expresamente o recoñecemento do grado I consolidado do Acordo de carreira declarado nulo por sentenza da CIG. Cando teñamos o texto definitivo o publicaremos.

A PROPOSTA DE CC.OO E UGT : CURSOS QUE ESTANDO DENTRO DOS ACORDOS DE FORMACIÓN CONTINUA DAS AA.PP NON SE VALORARON.

Proponse que se valoren os cursos da Fundación Tripartita para o Emprego e de cursos certificados polo Ministerio de educación e Formación Profesional de Dixitalización Aplicada ao Sector Produtivo, que se enmarcan dentro da formación para o emprego. Función pública refire en ambos supostos que dado que a valoración da formación regulouse igual para carreira e OPE Lei 20/2021 o estudará, condicionado a non ralentizar as baremacións.

A PROPOSTA DE UGT E CCOO: SOLICITUDE DE APERTURA DE NOVO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Valoran o comezo da negociación do decreto de carreira ordinaria que xa sería aberta e permanente, e incluir a apertura dun novo parazo para aqueles que agora si solicitarían (sobre 1.000 persoas se estima).

O trámite dun decreto é longo, polo que poderase convocar a apertura dun prazo de solicitude, antes de finais de ano, para repescar a quen por distintos motivos non solicitaron anteriormente, en todo caso os efectos económicos coas porcentaxes correspondentes serían a partir do 01/01/2024.

A PROPOSTA DE CC.OO E UGT: CÓMPUTO DE ANTIGÜEDADE PARA O PERSOAL FIXO – DISCONTINUO.

Ante a nosa proposta de que a experiencia profesional reciba o mesmo tratamento que os trienios, confirman que o estudiarán e darán resposta.

DAR CONTA DO ESTADO DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES:

  • Solicitudes: 18.167
  • Estimadas: 15.439 (85%)
  • Desestimadas: 2.099 (11,55%). Desestimadas por falta de méritos: 629 (3,4%).
  • PR004: 1.784 , 1.087 resoltas, 669 solicitan efectos de 2019 sen resolver.
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.