COMISIÓN SEGUIMENTO ACORDO CONCERTACIÓN
ACÓRDASE RETOMAR A CARREIRA PROFESIONAL EXTRAORDINARIA
O día 11 de febreiro, tivo lugar a xuntanza da comisión de seguimento do acordo de concertación do emprego público de Galicia, co obxecto de retomar a carreira profesional extraordinaria, e superar a situación de estancamento e parálise na que se atopa o cobro da carreira profesional como consecuencia de varias demandas interpostas pola CIG que anulan para todo o persoal a parte do Acordo relacionada coa continuidade da carreira profesional extraordinaria. A situación actual non admitía máis dilacións, para CCOO e UGT.
A comisión de seguimento, formada polas partes asinantes do Acordo de Concertación, ACORDOU retomar a carreira profesional extraordinaria, co obxecto de:
-
Seguir pagando o segundo grao extraordinario pendente ao persoal que xa tiña recoñecido o primeiro.
-
Incorporar ao persoal que non cumpría os requisitos, no ano 2019.
-
Estender a aplicación da carreira ao resto de empregados públicos da Administración Xeral da Xunta de Galicia.
Para UGT e CCOO, está decisión da Comisión de Seguimento do Acordo de Concertación supón poñer en valor a negociación colectiva en detrimento de iniciativas xudiciais de dubidosa eficacia e de nulos resultados prácticos que o único que conseguiron foi perder o cobro da carreira profesional durante o ano 2021:
-
Grupo A1: 2.538,36€/ano Grupo A2: 1.776,48€/ano
-
Grupo C1: 1.145,64€/ ano Grupo C2: 972,36€/ ano
-
Agrupación Profesional: 785,76€/ ano
Por outra banda, esta iniciativa da Comisión de Seguimento, permitirá axilizar e retomar as negociacións para reactivar a carreira profesional sen necesidade de agardar (seguramente varios meses) aos pronunciamentos dos tribunais respecto dos recursos xudiciais presentados tanto pola Xunta de Galicia como polo sindicato CIG.
Desde a responsabilidade e o rigor, CCOO e UGT adoptaremos unha actitude proactiva para que se restitúa a carreira profesional, e que a comisión de seguimento propoña un novo texto que substitúa ao anulado e, deste xeito, se eliminen os obstáculos para poder abrir canto antes o prazo de solicitude da carreira profesional extraordinaria, co obxecto de empezar a cobrar o antes posible e así non seguir acumulando mais perda.