Onte realizouse virtualmente unha Comisión de Persoal Ordinaria co obxecto de tratar as modificacións na RPT da Consellería de Facenda e Administración Pública.
Os representantes da Consellería expuxeron a necesidade de abordar con celeridade esta modificación, ante as inminentes necesidades de dar cobertura a postos polo concurso de traslados e o período estival de vacacións. Segundo eles, esta situación fixo que a negociación fora rápida e concentrada no tempo, xa que a única reunión previa ás de hoxe tivo lugar o pasado luns, 27 de xuño de 2022.
Seguindo a práctica habitual amortízanse 13 postos prescindibles ao seu entender, para dispor do crédito orzamentario imprescindible para a creación de 9 postos novos, que opinan optimizan mellor os seus RRHH. Tendo en conta ademais, que algúns deles no son vacantes e están ocupados, tanto pola persoa titular dos mesmos coma por persoal laboral fixo ou persoal funcionario interino.
UGT indicou, de acordo a información aportada, a súa oposición á amortización de postos, aínda máis, tendo en conta a perentoria necesidade de efectivos na Dirección Xeral da Función Pública. Por outra banda, compartindo que segundo se expón na memoria funcional xustifícase a concentración de postos en Servizos Centrais polo establecemento do novo sistema de notificacións electrónicas da Xunta de Galicia (Notific@), prodúcese ao mesmo tempo, un baleirado e unha precarización dos servizos públicos nas unidades provinciais. Esta situación amosa cada vez máis unha maior diferenza no número e nivel dos postos ofertados entre as unidades administrativas centrais e as periféricas, o que entendemos agudiza o problema das dificultades de cobertura pola escasa e pouca atractiva oferta destas últimas, a pesar da súa apertura a persoal doutras administracións.
Despois de todo o que, UGT abstívose na votación da modificación da RPT, na que CCOO e CIG votaron en contra, e CSIF a favor.
No apartado de rogos e preguntas, o Director Xeral da Función Pública indicou o seguinte:
- Prodúcese a reclasificación do posto base de GAIN (EIAA1110000115770121) de categoría C2 a C1, segundo o estipulado na Sentenza 364/2019 do Xulgado do Social nº 3 de Santiago de Compostela. A persoa funcionarízase no C1.
- A semana que ven, previsiblemente o martes, enviarase ás OOSS un borrador do documento de criterios de baremación para os procesos de concurso de méritos e concurso-oposición da Lei 20/2021, sobre o que se comezará a debater na reunión do xoves, 7 de xullo de 2022.
- Durante o mes de xullo negociarase a RPT de funcionarización do grupo V e as categorías pendentes dos procesos celebrados no último trimestre de 2021, na que só un caso presenta complemento de funcionarización, para poder realizar o cambio de vínculo xurídico no mes de setembro/outubro de 2022. Unha vez concluída esta quenda, a cifra de persoal funcionarizado roldará os 2000 efectivos.
- A semana que ven informarase sobre o estado dos distintos procesos selectivos en marcha o pendentes de iniciar, así como, da acumulación de prazas non cubertas nos mesmos, tanto de P.I. como da quenda de discapacidade, para a súa inclusión na oferta xeral.
Finalmente, UGT solicitou o listado das prazas ofertadas na OPE Extraordinaria – 2022, coas alegacións admitidas, para a súa comprobación e análise, ao que o Director Xeral da FP indicou que será remitido entre a semana que ven e a seguinte.