Sectores

Comisión de Persoal Ordinaria (01/03/2023)


Tratáronse as seguintes modificacións de RPT

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA

UGT: abstención    CIG: en contra.         CCOO: abstención              CSIF: a favor.                      

SENTIDO DO VOTO DE UGT:

Valoramos negativamente a forma de provisión por libre designación da Xefatura de Negociado de Coordinación. A única xustificación ao respecto da “responsabilidade pola información especialmente reservada da Presidencia que vai tratar” redunda no xa recollido no apartado ñ do Artigo 74 de  Deberes e código de conduta dos empregados públicos  da Lei 2/2015 do 29 de Abril do Emprego Público de Galicia que establece, entre outras, a obriga de gardar segredo sobre as materias clasificadas e as demais de difusión prohibida legalmente.

Consideramos polo tanto que hai un abuso de interpretación da norma que efectivamente posibilita o uso desta ferramenta.

Estamos de acordo co incremento lineal do complemento específico diferencial na Casa de Galicia en Madrid, pero consideramos que non foi acreditado nin suficientemente explicado o porqué da fixación desa cantidade, que suporá 200 euros máis ao mes para as persoas perceptoras. Gustaríanos ter recibido información máis detallada do método de análise e das variables económicas utilizadas para chegar a esa cantidade.

En todo caso non podemos aceptar que o financiamento do referido complemento veña financiado pola amortización de postos da ATURGA

AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA

UGT: a favor                        CIG: a favor.              CCOO: a favor                      CSIF: a favor

SENTIDO DO VOTO DE UGT:

Valoramos moi positivamente o proceso de negociación levado a cabo polas persoas responsables da Axencia, tanto a nivel da información administrativa proporcionada como polo claridade expositiva e argumentos que motivaron a proposta de modificación da RPT.

FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA.

UGT: abstención    CIG: en contra.         CCOO: a favor                      CSIF: en contra

A modificación proposta si fose votada de forma separada merecía o voto a favor desta organización, polo incremento de postos de traballo da Dirección Xeral da Función Pública, moi necesarios para o desenvolvemento da carga de traballo que ten este órgano directivo, que por outra banda foi reclamado de forma reiterada por UGT en cada unha das modificacións propostas ao longo dos últimos anos.

Non obstante o uso abusivo, ao noso criterio da Resolución de febreiro de ano 2016, que permite a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualilficación profesional dos postos de traballo de libre designación, fai que, nesta proposta, un 20% dos postos sexan configurados como de libre designación, que as aperturas a outras administracións cheguen ao 18%, dentro das que o 17,19% están abertas a A11 (52 no A1 e 9 no C2), parécenos un uso excesivo da potestade, que sen dúbida lle corresponde a quen ten a competencia para elo.

AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA

UGT: a favor                        CIG: en contra.         CCOO: abstención   CSIF: a favor

UGT valora positivamente a incorporación de dúas das propostas alegadas pola nosa Organización:

A retirada da supresión/amortización da praza de lavandería no CSHG e a apertura á Escala de Inspección Turística da Xefatura de Área de Turismo Termal.

 

OUTRAS CUESTIÓNS TRATADAS NA MESA XERAL E COMISIÓN DE PERSOAL

  • Anuncia a reunión do venres ao respecto de:
    • o Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se modifica a Orde do 20 de decembro de 2013, conxunta da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería de Facenda, así como a Resolución conxunta do 8 de agosto de 2014, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Dirección Xeral da Función Pública, no relativo a flexibilidade horaria por motivos de conciliación familiar de acordo co establecido na Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico da Galicia.
    • o Proxecto de Orde pola que se modifica o Anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia
  • Listado provisional de baremación dos procesos selectivos de BBFF:

UGT reclamou o luns pasado que fose revisado a listaxe na súa totalidade, por ter constancia de que hai numerosos erros e podería supoñer un sen fin de reclamacións (son aproximadamente 2.000 persoas as baremadas), o que levaría a unha prolongación da finalización de procesos que xa de por si van retrasados na súa execución.

UGT onte, en Mesa Xeral, apuntamos como unha das posibles causas dos erros o feito de que se teña valorado como tempo de traballo efectivo a xornada completa a persoas que teñen sentencia de indefinición, en lugar de valorar os 3, 4, 5 ou 6 meses que lles poidan corresponder.

Responde hoxe, na Comisión de Persoal, que efectivamente ao parecer temos razón e que moi posiblemente se van a revisar as puntuacións.

  • RPT de Sanidade:

Estase nestes momentos traballando nela, na Consellería de Sanidade e na Consellería de Facenda.

  • Integración do CSHG:

Responde que falarán con Presidencia a ver si procede poñer en marcha o procedemento ou non.

  • Carreira profesional e complemento de desempeño:

Onte, en Mesa Xeral, anunciou que hoxe sairía publicado en DOG a ampliación do prazo para resolver, en 3 meses máis, segundo se explica pola gran cantidade de solicitudes por fora do sistema e que o FIDES, en desenvolvemento, non considerou todos os criterios de avaliación que recolle a norma.

  • Procesos de funcionarización pendentes:

Pretenden convocala neste semestre.

–       Persoal que está a realizar o curso selectivo de C2:

Formulamos queixa ao respecto do traballo realizado durante a realización das mesmas, e que non se ve reflectido na nómina, facendo fincapé nas incongruencias que contén a Resolución que convoca o curso selectivo. A resposta é que cobrarán como postos en prácticas.

  • Promoción Interna:

Preguntado por si non ten previsto convocar a promoción interna ofertada, responde que non se abrirán máis procesos selectivos ata ir pechando os abertos.

  • Proceso selectivo de persoal subalterno:

Intentarán que a semana que ven se publique o buzón de postos.

  • Mantemento de trienios perfeccionados como persoal laboral temporal das persoas que aproban ope de persoal funcionario:

Esta semana UGT presentou escrito a Función Pública neste sentido e requirimos contestación. A resposta é que se conservarán os trienios na contía que o teñen perfeccionado e o primeiro trienio que perfeccionen será xa como persoal funcionario.

  • Preguntamos polas prazas de fisioterapia que saen a elección de destino, como resultado da ope social, e que están na Consellería de Educación. Consideramos que hai erro na valoración das persoas e que non se mantén o criterio informado na reunión coa Subdirección Xeral de Provisión, o 4 de novembro pasado, na que se aludía a o informe do 7 de marzo de 2022, da Consellería de Política Social, sobre as actividades que se debían incluír no Catálogo de servizos sociais. Entendemos que non se seguiu ese criterio e que polo tanto hai persoas que van a ver mermados os seus dereitos na baremación.
  • Servizo de Gardacostas:

Queríamos saber si existe algún tipo de apercibimento pola non cobertura de postos, desde outras institucións e organismos. Consideramos que se debe proceder á cobertura de postos que ampare calquera eventualidade (ITs, vacacións, etc.) que impida ter a dotación mínima (patrón, mecánico e vixilante-mariñeiro) para que as embarcacións das Unidades Operativas podan realizar a súa función con carácter ordinario, non tivemos resposta en Mesa Xeral, non había ningún representante da Consellería do Mar.

Na Comisión de Persoal de hoxe a resposta á pregunta realizada de novo, foi que se atenderá a nosa pregunta.

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.