Sectores

Comisión de Persoal Extraordinaria: Criterios para incluir nas bases dos Procesos Selectivos da Lei 20/2021


MODIFICACIÓN DE RPTS DAS CONSELLERÍAS DE PROMOCIÓN DE EMPREGO E IGUALDADE, MEDIO RURAL, POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE, E A DE CULTURA, EDUCACIÓN FP E UNIV.

A proposta contén a modificación de 6 postos de traballo co fin de que se facilite a toma de posesión do persoal laboral fixo que superou os procesos selectivos correspondentes.

UGT: A FAVOR                   CIG: a favor               CCOO: a favor                     CSIF: a favor

CRITERIOS PARA INCLUÍR NAS BASES DAS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS SELECTIVOS CONVOCADOS AO ABEIRO DA LEI 20/21 POLO SISTEMA DE CONCURSO E POLO SISTEMA DE CONCURSO OPOSICIÓN

Ao inicio da reunión achegan un novo documento de criterios que podes consultar na seguinte ligazón premendo aquí

  • Expoñen os cambios realizados sobre o documento que foi alegado na mesa previa e na Mesa Xeral.
  • Anunciase a creación dunha comisión de seguimento de todos os procesos da Lei 20, na que serán tratadas, entre outras, as seguintes cuestións:
    • Titulacións: propoñeranse solucións ás dúbidas de interpretación que poidan xurdir, incluídas aquelas que podan aparecer ao respecto do persoal reclasificado.
    • SEAGA: anuncian que en principio quedarán as prazas que xa estaban convocadas e que previsiblemente poden incluír por concurso, todas aquelas que correspondan ás mesmas escalas.
  • Anuncian o seguinte:
    • Listas de contratación: parten da idea de que os procesos da Lei 20 puntuarán e que se terán en conta, así mesmo, os dos tres últimos anos, para facilitar a posibilidade de puntuar coa mellor nota en listas.
    • Vanse publicar na web a listaxe que contén as prazas convocadas en procesos anteriores, e que xa foi remitido ás OOSS no mes de xullo pasado, porque unha gran parte das alegacións ás prazas son sobre estas, co fin de que todos os interesados coñezan si a praza de temporal ou interino que ocupaba, estaba ou non incluída en procesos previos.
    • Seguirán a facerse aquelas modificacións sobre as prazas que sexan precisas e se axusten aos requirimentos da Lei 20, como a que xa anuncia que se vai a facer sobre a escala de persoal veterinario, na que se incluirán as prazas da 1ª parte da DTª 10 do VCCU e as 12 non ocupadas derivadas do último proceso selectivo.
    • O período de solicitudes ampliarase en 20 días a partir da publicación destas modificacións.

UGT: A FAVOR               CIG: non emiten voto                     CCOO: a favor                     CSIF: non emiten voto

SENTIDO DO VOTO DE UGT:

O documento que hoxe se trae á Comisión, nin é novidoso nin xurde da nada, levamos dende mediados de 2022 con reunións sobre os procesos selectivos da Lei 20, responde, polo tanto, ás alegacións realizadas en mesas previas e ás alegacións formuladas polas organizacións.

Consideramos que estes criterios deben servir para dar resposta e ser útiles para as persoas. UGT quere seguir incidindo nas distintas casuísticas que se van a dar no complexo desenvolvemento dos procesos.

Entendemos necesaria a creación dunha comisión de seguimento que serva para dar solucións concretas a problemas reais.

É evidente que nos houbera gustado que se atendesen todas as nosas reclamacións con carácter previo á publicación das resolucións de convocatoria, pero non foi así, pero tamén é certo que a través destes criterios incorpóranse moitas das nosas alegacións e que coa creación da comisión, existe viabilidade para continuar aportando solucións, entre outras cuestións, as seguintes: situacións das persoas reclasificadas, titulacións requiridas, a tan traída e levada inclusión e determinación dos postos creados no ano 2019 pola asunción da encomenda de SEAGA.

Consideramos que é a nosa obriga atender a todos e cada un dos problemas, aportando solucións, non como outros que se esconden no NON a todo, sen mollarse, é a posición máis sinxela, observar desde fora, beneficiarse do que acadan outros, queixándose de que todo está mal, quedando na queixa e na crítica sen ser solución a nada.

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.