COMISIÓN DE PERSOAL EXTRAORDINARIA (02/03/22)
Modificación da RPT da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo: Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol.
En contra: UGT, CCOO, CIG A favor: CSIF
O voto contrario de UGT á RPT da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, arguméntase en que unicamente valoramos en positivo a creación de cinco novos postos de traballo aínda que ofertados a través de libre designación (práctica que entendemos, como tamén, por exemplo, o Consello de Contas de Galicia, está sendo utilizada de forma abusiva pola Xunta de Galicia ven argumentado FUNDAMENTALMENTE porque entendemos que a creación deste órgano atende a unha estratexia exclusivamente de carácter político que deixa sen contido os argumentos de eficiencia administrativa esgrimidos no seu propio decreto de creación.
A creación da Delegación amosa ademais a escasa sensibilidade da administración autonómica que non ten dificultade en gastar máis de 200.000 euros neste “invento” cando o nega mínimos incrementos de niveis ou melloras laborais nas RPTs doutras consellerías (por exemplo co persoal non docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade).
Modificación da RPT da APLU.
En contra: CCOO, CIG, CSIF Abstención: UGT
Ao respecto da modificación da RPT da APLU, manifestamos as nosas dúbidas en tanto en canto entendemos que carece de ambición: si parte da argumentación para modificar a RPT da Axencia ven dada pola necesidade de mellorar, por exemplo, o seu departamento xurídico, non creemos que unicamente a creación de unha praza de letrado/a vaia resolver as dificultades de carácter estrutural da APLU. Valoramos positivamente o esforzo negociador da Axencia e a inclusión dalgunhas das propostas de mellora da RPT suxeridas polas OOSS, entre outras, a eliminación do requisito de formación específica 954 en dous postos de traballo de inspector/a urbanístico/a e a supresión de méritos, requisitos e titulacións aos postos de traballo que xa figuran reflectidos na área funcional. Aínda así consideramos insuficiente a proposta, polo que decidimos optar pola abstención.
VARIOS:
- CONCURSO DE TRASLADOS PERSOAL FUNCIONARIO ADMINISTRACIÓN XERAL:
Mantén a data para a súa resolución entre marzo e abril, dando como máis probable que sexa no mes de abril.
Xa se remitiron ás Consellerías todos os postos, que están en provisional, e son susceptibles de saír á elección de destino tanto nas promocións internas, como aqueles que aprobaron A1, A2, C2 e AP. Nuns días comezarán coas resolucións para ás eleccións de destino. Rematada esta coordinación entre ambas cuestións resolverase o concurso, do que insiste, pode haber algún pequeno retraso, pero que en NINGÚN CASO TRABALLAN COA DATA DE SETEMBRO.
- PROCESOS SELECTIVOS LEI 17, ESCALAS SANITARIAS:
Informa que aínda non están as listaxes definitivas e polo tanto á próxima reunión intentará traer unha previsión de data dos procesos.
- RPTs PENDENTES:
Neste momento hai xa varias que están pasadas polo trámite da negociación coas OOSS (Educación, Medio Ambiente, AXI, CIM). Outras están pendentes de traer á negociar como é a de Saúde Pública polo tema do persoal veterinario. En marzo retomarase a do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, remitindo de novo o borrador para intentar pechar os 3 ou 4 flecos que quedaban, e dos que moi posiblemente, xa avanza que nalgún se poda chegar a acordo.
- OPEs DERIVADAS DA LEI 20/2021 E RPTs:
Segundo o transmitido nun borrador de criterios para o desenvolvemento dos procesos selectivos, que se achegou onte ás CCAA e será tratado na reunión de hoxe na Comisión de Emprego Público Estatal, deben de ser ofertadas todas as prazas estean ou non en RPT ou outros instrumentos de regulación de persoal. Tal e como acaba de informar hai varias RPTs que están en vías de negociación e outras que non dará tempo a tela rematada.
Considerando o anterior e dado que non é un principio obrigacional que estean todas rematadas e en atención a que si é indispoñible que a OPE ten que estar publicada antes do 1 de xuño, algunhas terán que quedar para despois da publicación da OPE.
Anuncia para a semana que ven una primeira reunión sobre o tema da temporalidade coas OOSS, estando pendentes do que hoxe poda saír da reunión co Estado. Avanza que algúns dos criterios previstos no borrador que lles foi remitido onte, no aspecto da valoración de méritos non están de acordo, posto que priman en exceso os méritos académicos sobre os profesionais, podendo dar lugar á distorsión no seu resultado en atención a que son procesos de acceso libre.
Verán o que da de si a reunión da Comisión de emprego público estatal intentando acadar puntos de acordo, de todo elo darán traslado na reunión anunciada para a semana que ven.
Confirma que necesariamente haberá que modificar os Anexos II e III das OPEs anteriores co fin de adecuar as prazas alí ofertadas aos procesos que deban desenvolverse de conformidade co Artigo 2 e disposicións sexta e oitava da Lei 20/2021.