Proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo do Instituto de Estudos do Territorio (IET)
UGT: a favor CIG: a favor CCOO: a favor CSIF: a favor
UGT vota a favor, entendemos que na memoria explicativa se xustifica axeitadamente a modificación, que aínda que é certo que supón a amortización de dous postos vacantes (por xubilación e falecemento), crea novas prazas argumentándose a necesidade en termos de oferta de novos servizos desde o Instituto (resolución de axudas destinadas a fomentar corrección impactos urbanísticos), polo tanto conclúese que o balance neto de amortizacións e creación de postos e positivo, se crean máis postos dos que se suprimen.
Proposta de acordo para a efectividade e acomodación da segunda RPT de postos de traballo derivada da funcionarización de postos de persoal laboral e a equiparación de categorías laborais con postos funcionariais de administración especial da administración xeral (escalas de facultativos, escalas de técnicos facultativos e escalas de auxiliares de clínica)
UGT: a favor CIG: en contra CCOO: a favor CSIF: en contra
UGT vota a favor, considerando a proposta de acordo como necesaria xa que cumpre co principio de respectar o réxime e condicións da prestación do servizo, en tanto non se estableza outro novo (pago de nocturnidade no concepto de produtividade), e un incremento adicional a contía do complemento específico correspondente de 28 euros, a 873 postos que non teñan complemento de funcionarización (traballo social, enfermería e auxiliar de clínica…). Cúmprese co Acordo de concertación e o Decreto de funcionarización, de garantía retributiva e a garantía do réxime de prestacións e condicións mentres no se negocie outro.
A Comisión de seguimento revisará a denominación de certas escalas e requisitos de titulación nunha inmediata RPT.
Igualmente revisaranse:
- Determinados niveis que poderían precisar axustes desta RPT, e de equivalencias retributivas implementadas.
- A conversión de 110 postos de xornada parcial a completa a medida de que se vaian funcionarizando,
- O requisito de carné de conducir ás categorías que se lle demanda.
Proposta de aprobación da RPT referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo do persoal laboral da Xunta de Galicia correspondente á Administración Especial da escala de facultativos (especialidades de medicina, psicoloxía e pedagoxía); escala de técnicos facultativos (especialidades de enfermería, educadores, fisioterapia, logopedia, traballo social, terapeuta ocupacional); escala de axentes técnicos facultativos (especialidade de educación infantil); escala de auxiliares de clínica da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
UGT: a favor CIG: en contra CCOO: a favor CSIF: en contra
UGT vota a favor, posto que se cumpre o Acordo de Concertación e o Decreto de funcionarización sobre as garantías na RPT de equiparación retributiva de laboral a funcionario, ao igual que se fixo coa RPT de Administración Xeral.
- 1789 postos en total, solo 178 postos teñen dito complemento, que lle permite non ter perda retributiva.
- 1598 postos, o 89,37%, teñen un incremento de salario efectivo, en cómputo anual, de que supón un custo de 340.062,86€, corrixindo e igualando á alza os postos por centros e categorías.
- Se avanza moito na corrección de desigualdades da situación de orixe pola arbitrariedade da asignación de pluses, por iso se suben retribucións moitos postos coa transformación de laboral a funcionario.
Varios:
DXFP informa:
- O vindeiro dia 18 de febreiro publícase a resolución do concurso de traslados e o vindeiro 25 de febrero previsiblemente ábrese o prazo da fase de concurso para presentar os méritos nos procesos selectivos que se están desenvolvendo na actualidade.
- A convocatoria para o proceso selectivo do ISSGA está en fase de selección das persoas membro de tribunais polo que se estima que se poidan celebrar as probas no segundo trimestre de 2022. Do mesmo xeito proximamente levaranse a cabo os procesos selectivos nas escalas de Finanzas e aqueles procesos que foron convocados no mes de decembro de 2021.
- En fase de conclusión da revisión RPT de Sanidade para retomar concurso de Administración Especial, incluídos veterinarios.
Previsión na derradeira semana de febreiro de concluír a RPT da Consellería de Educación e Vicepresidencia Primeira e continuar cos traballos de elaboración da RPT do Consorcio, en paralelo á revisión da RPT da Consellería de Política Social comprometida nesta Comisión.