Hoxe tivo lugar a reunión mensual da Comisión Permanente, onde se trataron entre outras cuestións:
- Para a lista da escala de limpeza e cociña sumaranse as puntuacións das dúas listas de laborais (V-1 e V-11). Ata que a lista da escala sexa definitiva seguirase a chamar pola lista de laborais…unha ou outra segundo o criterio da Consellería.
- En breve sairá a actualización provisional de méritos.
- Dende Listas pídese autorización para aumentar a idade para estar nas listas ata os 67 anos.
- A comisión da a autorización para a cobertura de postos do C1 Técnico/a Mantemento de servizos, dende a lista IV-6 (si cumpre co requisito de titulación)
- Os postos da categoría III-99 “a extinguir”, cubriranse por chamamento ao Servizo Público de Emprego, e para non dilatar no tempo a contratación a Consellería debería confeccionar unha lista paralela. (Ao parecer só pasa en Panxón, xa que noutros centros a RPT é do IV-4).