Sectores

Comisión paritaria do V Convenio Colectivo do Persoal Laboral da Xunta de Galicia


Onte tivo lugar a reunión da Comisión Paritaria de vixilancia, interpretación e desenvolvemento do convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia. Con datas 12 de abril e 30 de outubro de 2021, UGT e CIG, como asinantes do VCCU tiñamos rexistrada a petición de reunión, a segunda era recordatorio da primeira petición formulada. Os asuntos tratados foron os seguintes:

Traslado para os meros efectos estatísticos e de información, en cumprimento do artigo 47.1.h do VCCU, da resolución de seis expedientes disciplinarios.

Estudo e proposta, se procede, de adxudicación de postos de traballo, ao abeiro do artigo 7.2.a.7 do VCCU, aos traballadores que se atopan a dispor do correspondente secretario xeral técnico.

Informan que consultadas as Secretarías Xerais Técnicas comunican que non hai ningunha persoa que se atope nesta situación.

Exame ao abeiro do artigo 7.4 do VCCU, das solicitudes de adxudicación de posto a traballadores declarados en situación de incapacidade permanente total:

  • Solicitudes pendentes do ano 2020: 11, das que se formula
    • Proposta de oferta de postos a 5 solicitantes.
    • 6 solicitudes non se procede á oferta en atención aos seguintes motivos:
      • Non existen prazas dispoñibles onde se solicitan.
      • As prazas están ocupadas por persoal temporal e son ámbito de aplicación da Lei 20/2021.
      • Por revisión da incapacidade permanente, con mellora da patoloxía da persoa solicitante.
  • As novas solicitudes: 14, das que se formula
    • Proposta para 11
    • 3 solicitudes non se procede á oferta en atención aos seguintes motivos:
      • As prazas están ocupadas por persoal temporal e son ámbito de aplicación da Lei 20/2021.
      • Aplicación do artigo 7.4 do VCCU que indica que os postos cubertos por este procedemento terán natureza de cobertura definitiva de posto.

Interpretación e adecuación das “Instrucións sobre a cobertura mediante determinadas figuras de provisión temporal de postos clasificados como de persoal laboral”

Conclúese que ambas Organizacións Sindicais presentarán un escrito conxunto, formulando as controversias que xurdiron a raíz da funcionarización, sobre a interpretación das ditas Instrucións considerando o articulado do VCCU.

 

UGT Informa-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.