Sectores

Comisión Negociadora XVI CCG de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade

O pasado 2 de decembro, celebrouse reunión da Mesa Negociadora do XVI Convenio Colectivo Xeneral de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade.

 

Na reunión, UGT Servizos Públicos volveu manifestar a necesidade de corrixir, no novo convenio colectivo, o artigo 29.2. UGT sempre defendeu unha táboa salarial única para todos os Centros Especiais de Emprego independentemente da tipoloxía do mesmo.

 

Dita táboa salarial debería ser amáis alta posible, é dicir, igualando o salario por arriba, ben coa do sector, ben coa do convenio da Discapacidade se esta fose a máis alta como ocorre nalgúns ámbitos.

 

Por outra banda, UGT Servizos Públicos insistiu na súa proposta de que, no futuro conveniocolectivo, o Salario Mínimo Interprofesional debería aplicarse ao salario base sen absorber outrosconceptos.

Accede a toda a información no adxunto.

Comisión_negociadora_convenio_de_discapacidade.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.