Sectores

Comisión de Seguimento de Carreira

Reunida hoxe a comisión de seguimento, a DX da Función Pública informa que:

  • Teñen previsto, en cumprimento do Acordo coas OOSS (UGT, CCOO e CSIF), a apertura do procedemento de acceso aos graos I e II de solicitudes de recoñecemento de carreira profesional e complemento de desempeño, co fin de tramitalo á maior brevidade posible.
  • Será un procedemento practicamente idéntico ao último, ampliando supostos, que se foron aprobando en Comisión de seguimento, a maiores dos inicialmente previstos, como o daquel persoal que teña servizos prestados noutras administracións públicas, incluíndo SERGAS, que cumpra os requisitos a 01/01/2022, 5 para grao I ou 11 anos para grao II si tivese xa recoñecido o grao I, segundo o caso, computándose o tempo traballado nesas outras administracións.
  • A aplicación: máis de 6.000 persoas
  • O prazo de solicitude será de 3 meses.
  • Segundo se vaian presentando iranse recoñecendo.
  • O pago para estes graos I e II será rateado en 3 anos:
    • Con efectos de 01/01/2024, percibirán o 33%
    • 01/01/25: 66%
    • 01/01/26: 100%
      • O pago no ano 2024, supón en torno aos 4 millóns de euros.
  • Teñen a pretensión de que no ano 2024 se negocie a carreira ordinaria, de tal forma que as persoas que teñen xa recoñecido os graos I e II irán ao grao que lles corresponda e quedaría xa aberta a solicitude de forma permanente.
  • O luns enviarase convocatoria para ter reunión o mércores, irá a Comisión o venres e que sexa aprobado no último Consello da Xunta do presente ano.
  • Si houbese algún suposto que puidera ser incluído ou que non estea o suficientemente claro están abertos á súa inclusión.
  • Ao respecto do persoal fixo-descontinuo, formulada a queixa sobre o recoñecemento do dereito polas OOSS na Comisión, a administración fixo a revisión manual sobre o cómputo do tempo traballado e o dereito á súa percepción, de tal forma que a intención é o recoñecemento de todas aquelas persoas que teñen dereito,  presentaran ou no recurso, a previsión inicial oscila entre 500 e 600 persoas ás que lles correspondería o dereito á percepción, tendo dereito ao cobro con efectos retroactivos.
  • A repesca da funcionarización vai incluída nesta apertura de solicitude de grao.
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.