Sectores

Comisión de Seguimento – Acordo do SPIF (03/04/2024)

A xuntanza da Comisión de Seguimento tivo por obxecto o estudo e concreción das bandas horarias resultantes da aplicación do Acordo de condicións de traballo dos postos de persoal funcionario do SPIFaprobado na Comisión de Persoal do 12 de febreiro do presente ano.

Na xuntanza de hoxe, a Dirección Xeral de Defensa do Monte (DXDM) deu resposta ás alegacións dás organizacións sindicais CCOO, CSIF e UGT.

Proposta inicial da Administración secuencia de rotación por semanas (T1-T1-M-M-N1-T2-T1-M-M-N2), coas seguintes bandas horarias:

Quenda de tardeQuenda de mañáQuenda de noite
T114:00 a 24:00 h.M08:00 a 18:00 h.N122:00 a 08:00
T218:00 a 04:00 h.N223:00 a 09:00

Proposta sindical fundaméntase en dúas premisas:

  1. A simplificación e redución dás bandas horarias mediante o establecemento dun único tramo horario asignado a cada quenda de mañá, tarde o noite (07:00 a 17:00, 15:00 a 01:00, 23:00 a 09:00).
  2. E por outra banda, a aplicación dunha rotación semanal de Tarde, Mañá e Noite.

Proposta actual, a DXDM nos comunica que modifica a súa postura inicial, aceptando unha parte substancial das nosas alegacións. Polo tanto, a nova proposta de bandas horarias da Consellería para todas ás categorías pasa a ser seguinte:

Quenda de tardeQuenda de mañáQuenda de noite
T15:00 a 01:00 h.M08:00 a 18:00 h.N23:00 a 09:00

Respecto ás rotacións sobre ás bandas horarias, á Consellería mantén a necesidade de contar con máis medios nos tramos horarios que aconsellan ás series históricas de inicio e estabilización de lumes, polo que mantén a súa proposta inicial, coa simplificación de bandas horarias, coa seguinte secuencia semanal: T-T-M-M-N-T-T-M-M-N.

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.