Sectores

Comisión de Seguimento: Acordo de Política Social e Xuventude

Na reunión anúnciase:

  • Un documento de CRITERIOS INTERPRETATIVOS DE CARTELEIRAS que remitiran aos sindicatos da Comisión de seguimento con período de alegacións para homoxeneizar as carteleiras en todos os Centros (cómputo de xornadas e días efectivos ano bisesto ou non, RN cálculo e aplicación, as “C” rompen secuencia, xornadas consecutivas…)
  • Contratos COVID: si están en carteleira, procederase á creación da praza onde fose necesario.
  • Crearanse prazas onde se acredite a necesidade, nos termos do Acordo.

E seguindo a Orde do día

CONSIDERACIÓN DOS DÍAS 24 E 31 NAS ESCOLAS INFANTÍS DA AGSS.

Están abertos a negociar a compensación dos días nos centros que abriron, en termos de descanso.

Regularizaranse ao longo do ano, o Acordo causa efectos dende o 1 de xaneiro de 2024

É unha cuestión de aplicación da Lei, se lle da a posibilidade de mudar a redución pero co limite legal mínimo dunha hora.

Os períodos están perfectamente reflectidos no Acordo, e cóntanse os días que se teña quenda de traballo. Á vista das incidencias comentadas polas OOSS, poderíase ampliar a explicación no documento de criterios interpretativos.

É a Seguridade Social a que obriga a que sexa o día inicio da noite, e a súa posición é adoptar ese criterio para todos os centros.

Prevista para o segundo trimestre de 2024, para confección e seguimento das carteleiras.

Nas Xefaturas Territoriais e nos Centros se seguirán tratando e traballando sobre os desaxustes

Convocatoria das Subcomisións na segunda semana de abril para tratar sobre intersubstitución, xornada complementaria e dereito a comedor en centros con cociña.

Á espera de dito documento de criterios e remitir as alegacións ao mesmo, deixamos de manifesto que a análise das carteleiras é unha verdadeira “carreira de obstáculos”, especialmente no Consorcio, Nuns casos falta de reunións ou tardías, documentación por meses nalgúns casos e noutros imposible de traballar con elas, ou falta de vontade negociadora. Deberíase incluír nos criterios o límite de horas/ano da quenda fixa nocturno, a interpretación de solapamento e das cláusulas terceira e cuarta, e  táboa de computo de xornada. Algún centro si fixo táboa que resume cada carteleira co número de M, T , N, C, RN, horas/366 días, horas efectivas con C e horas efectivas sen C, por sinalar tamén algunha cousa positiva na documentación que algún centro aportou.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.