Sectores

Comisión de Persoal Ordinaria

Modificación parcial RPT da Consellería de Política Social e Xuventude:

UGT: en contra CIG: en contra CCOO: en contra CSIF: en contra

Sentido do voto de UGT:

A modificación proposta pola Consellería é fundamentalmente economicista, en absoluto transversal, e supón unha precarización importante na oferta do servizo público: a amortización das prazas de educador/a no Avelino Montero, a creación doutras prazas noutras unidades administrativas sen criterios obxectivos e con ausencia de xustificación das necesidades reais tanto dos profesionais, e sobre todo das persoas usuarias, xustifican sobradamente a nosa posición contraria.

Engadimos ademais singularmente a ausencia de xustificación na apertura de prazas a outras administracións e sobre todo o uso excesivo ( e abusivo) na forma de provisión dalgunhas xefaturas de servicio(LD) en detrimento do concurso específico(CE).

Modificación parcial da RPT da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

UGT: abstención CIG: en contra CCOO: abstención CSIF: abstención

Sentido do voto de UGT:

Dato máis relevante é a creación , máis ben regulación das prazas propostas na modificación. Estamos satisfeitos coa ampliación de xornada no IES de Ames a proposta de UGT. Consideramos insuficiente a creación dunha única praza de limpador/a no CFP Valentín Paz Andrade de Vigo pola súa superficie e número de aulas (máis de vinte talleres de prácticas) e UGT solicitamos a creación doutra praza.

Reiteramos a nosa solicitude para a apertura dunha mesa de negociación coas OOSS coa finalidade de negociar rateos para o persoal e resolver satisfactoria e definitivamente as incoherencias derivadas de manter unha circular con instrucións en vigor desde o ano 1994.

Orde de flexibilidade horaria por motivos de conciliación:

UGT: abstención CIG: en contra CCOO: abstención CSIF: abstención

Sentido do voto de UGT:

Si ben é certo que a maioría das alegacións defendidas por UGT foron tomadas en consideración, non o foi o proposto ao respecto das exclusións. Non entendemos como unha vez máis, e xa van dúas (teletraballo, a primeira), o persoal non docente que presta servizos en centros docentes e aquel, non estatutario, que presta servizos nas institucións sanitarias se exclúe. Ambas exclusións son motivo para a nosa abstención, recoñecendo os avances no resto do texto. E esperamos que se cumpra o compromiso da DXFP dunha nova orde que desenvolva a bolsa de horas do Acordo de concertación.

Por último, despediuse o subdirector xeral de RRHH da Consellería, José Luís Canosa, por motivo da súa xubilación: UGT recoñecemos o seu desempeño administrativo, non sempre desde o acordo, pero recoñecendo o seu talante e dedicación ao servizo público.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.