RESOLUCIÓNS DE CONVOCATORIA DOS PROCESOS DE FUNCIONARIZACIÓN
Corpo superior de administración xeral e corpo facultativo superior de administración especial da CCAA de Galicia, subgrupo A1, de persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo I:
Apróbase a Resolución cos votos de UGT e CCOO A FAVOR, A CIG ABSTENCIÓN e CSIF EN CONTRA.
UGT reitera a necesidade de ter en conta o establecido no punto décimo segundo da sección terceira do Acordo de Concertación, ao respecto do requisito da titulación, para facilitar á funcionarización nas distintas escalas, corpos, grupos ou subgrupos.
Corpo de xestión de administración xeral e corpo facultativo de grao medio de administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo II:
Apróbase a Resolución cos votos de UGT e CCOO A FAVOR, CIG ABSTENCIÓN e CSIF EN CONTRA.
Corpo administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes ao Grupo III:
Apróbase a Orde cos votos de UGT e CCOO A FAVOR, CIG e CSIF EN CONTRA.
VARIOS
- Concurso Xeral de Traslados:
O DXFP informa que xa foi remitido ao DOG, o listado definitivo de admitidos e excluídos, que se publicará o vindeiro 7 de maio. Ademais, estase realizando a baremación provisional dos méritos que será colgada na web de Función Pública, o máis asiña posible. Nas vindeiras semanas informarán da previsión de datas para a resolución do proceso.
- Elección de destino de camareiros/as-limpadores/as e Auxiliares de Enfermería:
A semana que ven publicarase no DOG e na web de Función Pública, e a data prevista para o inicio da toma de posesión é o 10 de maio de 2021.
- Elección de destino de subalternos con discapacidade intelectual:
A semana que ven publicarase no DOG e na web de Función Pública, e a data prevista para o inicio da toma de posesión é o 10 de maio de 2021.
- Procesos selectivos pendentes:
A previsión é a de realizar, se as condicións sanitarias o permiten e dispoñen das pertinentes autorizacións de Saúde Pública, nos meses de xuño e xullo de 2021. De ser posible, realizaranse os primeiros exames dos subgrupos C1, C2 e AP., e os segundos dos subgrupos A1 e A2.
- Máscaras para o persoal da Xunta de Galicia:
A semana que ven informarásenos da previsión de entrega, de ser o caso, de novas máscaras, despois de que a entrega de material efectuada no seu día ten xa esgotado o seu uso.
- Procesos selectivos servizos de incendios e ISSGA: A previsión é a realización destes procesos selectivos durante o vindeiro mes de novembro de 2021, sempre e cando, a situación sanitaria o permita.