Sectores

Comisión de persoal Ope 2021. «Fondo de Recuperación e Resiliencia» e outros fondos. Ope lei 17/89


PROPOSTA DE CRITERIOS XERAIS DA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO (OPE) 2021, SOBRE OS CORPOS ESCALAS E CATEGORÍAS DEPENDENTES DA DIRECCIÓN XERAL DA FUNCION PÚBLICA

 Anuncia a DXFP cambios en canto as prazas ofertadas, tendo en conta alegacións presentadas polas OOSS:

Prazas da OPE

  • Acceso libre correspondentes á taxa de reposición: 635
  • Estabilización:341 prazas
  • Consolidación de persoal indefinido non fixo: 30 Aquí podería incluírse algunha praza máis dalgunha sentencia remitida estes días e que se está comprobando si está ou non incluída en opes anteriores.
  • Funicionarización: 160
  • Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar:
  • Tal e como establecen os criterios da oferta, dentro do máximo de prazas, se están axustando as escalas correspondentes polo que podería non ser necesario facer uso da Disposición Adicional 3ª.
  • Vanse diferenciar as prazas de Persoal Educador correspondentes á Escala xa creada na LEPG (correspondentes a centros de menores…), das prazas con destino nas Escolas Infantís ou de Mestres. Pola vía de creación de escala, se realizará unha separación de ambas, porque non teñen as mesmas funcións. Farase unha anotación para distinguir tanto as do 2020 como as da presente oferta.
  • Con presente oferta estarán convocadas todas as prazas do Consorcio, salvo as correspondentes a:
    • Persoal de apoio que non teñen a titulación correspondente (30)
    • As 26 prazas de contrato parcial. UGT e outros sindicatos insisten en que deben convocarse a tempo completo. Ë probable que algunhas delas ou todas se poden incluír por ser transformadas na negociación da RPT en prazas de tempo total.

Promoción Interna separada

Elévase o número ofertado, pasando das 204 a 320, estas sen prexuizo dalgún pequeno reaxuste á alza nas prazas, incluiranse as seguintes:

  • Corpo de xestión (A2): aumento de 50 a 85 prazas.
  • Corpo administrativo (C1): aumento de 70 a 90 prazas.
  • Corpo auxiliar (C2): aumento de 50 a 80 prazas.
  • Inclúese as seguintes da Administración Especial, como novidade:
    • Enxeñería Agronómica: 10 prazas
    • Enxeñería Superior de Montes: 10 prazas
    • Enxeñería Industrial: 2 prazas.
    • Enxeñería de Minas: 2 prazas.
    • Inspección de Consumo: 2 prazas.
    • Enxeñería Técnica de Obras Públicas: 3

Pode incluírse algunha escala máis de Medio Rural ou da Consellería de Cultura (Bibliotecas). Os aumentos en Administración Xeral prodúcense os corpos naqueles que teñen maior número de presentados en opes anteriores.

Consciente de que existe unha demanda no SPIF sobre inclusión de prazas en ope, fai constar en acta o compromiso de que na próxima ope, rematadas as ofertas pendentes e a elección de destino da Promoción Interna de BBFF e os exames convocados, se revisarán as prazas para axustalas na próxima oferta.

De todas as modificacións pendentes darase conta o martes 6 ás OOSS, previo á súa aprobación en Consello.

 Valoración de UGT:

 A quenda de acceso libre, por taxa de reposición, presenta un incremento aceptable, pasando de 562 prazas na OPE 2020 ás 635 da presente, e supón 159 prazas de promoción interna, o 25% da oferta.

  • Na promoción interna separada, aceptan ás alegacións de UGT, o que supón un cambio cuantitativo importante pasando de 204 prazas a 320, o que supón mais do 50% da oferta, e que sumadas o 25% de promoción interna incluídas no total de acceso libre, sitúa a promoción interna no 75% da oferta, poñendo en valor o Acordo de concertación do emprego público de Galicia, o superar con creces as previsións do 40%.
  • Cambio cualitativo, acadase que se abra a promoción interna na Administración especial.
  • A oferta de 341 prazas en Estabilización, é evidente que é menor co ofertado en 2020, pola importancia do número ofertado o ano pasado. Pero cualitativamante valorase que se incorporarán escalas non ofertadas antes, ata cubrir a maior parte das mesmas, ao igual que se fai na quenda de acceso libre. No caso de escalas especiais increméntase o número pasando de 174 en 2020 a 207 na presente oferta.
  • Reiteramos que a pesar do número ofertado, poden existir prazas pendentes de contabilizar en determinados ámbitos, polo que instamos unha revisión cos parámetros do Acordo. Nomeadamente prazas no ámbito do Servizo de Prevención de Incendios Forestais, correspondentes a Bombeiros/as Forestais e Xefaturas de Brigada, entendendo que existen procesos convocados e que a toma de posesión da Promoción Interna dará un resultado que permitirá unha convocatoria máis axustada á realidade.
  • Do axuste das prazas do Consorcio sobre a oferta inicial, UGT considera que as 26 prazas de media xornada deberan pasar a xornada completa na RPT, e polo tanto incluírse na oferta.

Sentido do voto:

UGT: A favor.        CIG: En contra.         CCOO: A favor.        CSIF: En contra.

PROPOSTA DO ACORDO DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA SOBRE ACTUACIÓNS EN MATERIA DE PERSOAL PARA A XESTIÓN DOS FONDOS DE RECUPERACIÓN E RESILIENCIA (FRR) E OUTROS FONDOS EUROPEOS

 A DXFP indica as modificacións atendendo as alegacións das OOSS e que figuraban no texto remitido  onte, e a maiores, ante a reiteración das alegacións sobre as funcións da Comisión de seguimento, indica un novo engadido: “a dita comisión será informada sobre os perfís dos profesionais participantes, así como dos criterios de elección dos incentivos económicos establecidos para os programas de fondos emitindo recomendacións ao respecto”.

Valoración de UGT:

 As mentiras teñen as patas cortas e aos feitos nos remitimos.

  • Estamos na Mesa xeral nun proceso, aínda que abreviado, de negociación sobre as Instrucións FRR.
  • Garántese a preferencia do persoal empregado público na xestión dos fondos.
  • Garántese o carácter voluntario da mobilidade de postos.
  • Haberá participación sindical na comisión de seguimento en materia de perfís, incentivos e compensacións.

Nun proceso tan condicionado polas variables dos proxectos que non se poden predeterminar, ten a máxima importancia a participación sindical na evolución e modulación da xestión destas Instrucións, por iso é importante que se aceptase constituír unha comisión de seguimento. Como de feito se constitúen noutros acordos asinados por outras OOSS, e non son novidosas nin na Administración ni fora dela.

Sentido do voto:

UGT: A favor.        CIG: En contra.         CCOO: A favor.        CSIF: En contra

PROPOSTA DO DECRETO POLO QUE E APROBA A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO PARA O ANO 2021 DO PERSOAL SANITARIO FUNCIONARIO AO SERVIZO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA INCLUÍDO NO ÁMBITO DE APLICACIÓN DA LEI 17/1989, D0 23 DE OUTUBRO

 A DXFP manifesta que non hai novedades sobre o levado a Mesa Xeral.

Para UGT trátase dunha situación reiterada de falla de información e negociación nese ámbito.

Sentido do voto:

UGT: En contra.    CIG: En contra.         CCOO: Abstención. CSIF: En contra

VARIOS:

En relación co escrito remitido á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no que solicitaba a convocatoria dunha mesa de negociación do Comité intercentros do persoal laboral da Xunta de Galicia con esa Secretaría Xeral Técnica para tratar todos os temas que afectan ao persoal laboral adscrito a esa Consellería:

  • Responden que na primeira semana de abril comunicarán o que acorden, pero que en principio entenden que o tema debe tratarse en Mesa Xeral.
  • Preguntamos á representante da Conselleria do Mar sobre o escrito remito por UGT ao respecto dos chamamentos realizados á listas e o cumprimento de todos os requisitos das persoas candidatas.
  • Responde a Dirección Xeral da Función Pública: recibiremos nuns días a resposta.
  • Responde a representante da Consellería: que está recibido o escrito e que está solicitado un informe para coñecer si se cumpren os requisitos, darán resposta a semana que ven.
  • Buzón de postos de Promoción Interna de Bombeiros Forestais:
  • Responden que remitirase ás Organizacións Sindicais, na primeira semana de abril, para realizar alegacións, e sacar o antes posible a elección de destino da promoción interna.
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.