Sectores

Comisión de persoal extraordinaria: Carreira Profesional e Complemento de Desempeño


PROCEDEMENTO ACCESO GRAO I E II DO SISTEMA EXTRAORDINARIO DE CARREIRA ADMINISTRATIVA E DE COMPLEMENTO DE DESEMPEÑO DO POSTO

Valoración de UGT:

Tendo en conta que se estimaron case a totalidade das nosas alegacións valoramos positivamente o procedemento de restitución do dereito á complemento de carreira de persoal funcionario e complemento de desempeño de persoal laboral, con regulacións idénticas, paralizado polos enredos dalgúns, que en lugar de conseguir a extensión do dereito, ANULARON a posibilidade aberta por UGT na Comisión de Persoal de xullo do 2019 de universalizar o dereito a todo o persoal, e liáronse nun erro xurídico-sindical sen precedentes, truncando a posibilidade de progresión universal na carreira extraordinaria do persoal empregado público da administración xeral da Xunta de Galicia.

Restituír este dereito anulado supuxo renegociar e acordar, e agora apelamos e esperamos que a tramitación do procedemento informático de solicitude permita a axilidade e prontitude do cobro da carreira de todo o ano 2022 (o 60% do total) anunciado para xaneiro de 2023, e iniciar xaneiro do 2023 co segundo tramo de carreira (outro 20%), que nos sitúa co 80% do complemento de carreira e do complemento de desempeño.

O persoal empregado público merece a restitución deste dereito que xunto co incremento xeral estatal das retribucións permite amortecer en xaneiro de 2023 a perda de poder adquisitivo nunha media do 10,15%.

(Accede aos documentos do procedemento de carreira e desempeño neste enlace).

Votación: UGT: A FAVOR CIG: en contra CCOO: a favor CSIF: a favor en funcionarios, en contra en laborais.

Función pública ante a contumaz persistencia de que non se pagou porque no se quixo, insiste que o Acordo anterior é nulo pola sentencia de CIG, apelou a non liala de novo, retrotraer a 2019 e anular todo de novo.

UGT Servizos públicos, espera que mais alá dos planfletos para manter a irracionalidade e defensa numantina da perda dun dereito, o papel pode con todo, que sexan útiles ou non obstaculicen a restitución dun dereito que nunca debeu anular un sindicato. Agardamos non volvan e reincidir na perda e na pena de ser un inútil sindicato maioritario.

PROXECTO DE DECRETO POLO QUE SE CREA O CENTRO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA E DIXITAL (CIDEX)

Accede a o documento premendo neste enlace

Iniciado o trámite en maio de 2020, e por tratarse dun Decreto, se remitiu o Consello Consultivo que parece ser indicou debería pasar a consulta en Mesa xeral.

O representante da Consellería remítese a que na Orde desenvolverase a estrutura e demais cuestións, e que no seu momento levarase a negociación á RPT que inclúa as prazas creadas no mesmo.

UGT Servizos Públicos reiteramos as alegacións feitas en Mesa Sectorial de Ensino e no Consello Escolar de Galicia, e dende unha posición non contraria a crear unha estrutura que potencie a innovación educativa dixital, seguimos sen información dos recursos e estrutura departamental e de asesorías, e de como afecta o CAFI que tiña unha parte de función de innovación, e outros aspectos como unha dirección que non é por concurso, ou a limitación a 1 ano da xefatura de departamento, tampouco foron estimadas.

Votación: UGT: ABSTENCIÓN CIG: abstención CCOO: en contra CSIF: abstención.

ROGOS E PREGUNTAS:

A Dirección Xeral da Función Pública informa con carácter previo:

  • O luns 21 prevista publicación do baremo definitivo de Persoal Subalterno, e o martes 22 está prevista a publicación do de Ordenanzas.

  • A semana que ven (entre luns e mércores) publicarase a relación de aprobados de Bioloxía.

  • Mañá, xoves, remítese ás OOSS para Mesa para a vindeira semana:

    • RPT do Grupo V (funcionarización)

    • Modificación da Orde de flexibilidade horaria do 20/12/13

  • A semana que ven teñen previsto o inicio da negociación dos temarios da estabilización remitidos onte.

  • A preguntas das OOSS, responde:

    • Publicarase este venres a elección de destino dos subgrupos A2 e C1

    • Convocarán para este venres reunión para tratar os criterios e cronogramas dos procedementos da Lei 20/2021.

    • No cronograma establecerase a negociación de 5 bases comúns (1 para cada grupo) para acceso por concurso e por concurso-oposición.

    • A Orde de integración do persoal laboral fixo do CGSIB será remitida á próxima Mesa Xeral para a súa negociación.

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.