Sectores

Comisión de persoal extraordinaria (27/11/2020)


MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR:

Realizada a Asemblea do CGSIB coa representación dos Concellos, para levar a cabo a modificación de Estatutos, acádase unha votación de 559 votos a favor o que supón case o 80% , con só 16 votos en contra, 67 abstencións e 9 que non votaron.

UGT: A favor      CIG: A favor    CCOO: A favor           CSIF: En contra

Entendemos que con esta aprobación dáse o paso necesario e obrigado para poder desbloquear o proceso de integración asinado en 2017 por UGT, instamos a continuar co desenvolvemento do acordado.

PROPOSTA DE ACORDO EQUIPOS DE APOIO POLÍTICA SOCIAL:

O Director explica os cambios realizados desde a Mesa Xeral, que consisten en:

  • Título do acordo: darán nova redacción simplificada.
  • Retribucións: aceptan aumentar a porcentaxe do complemento de singularidade, pasando do 15 ao 19%, o que indica que significa sobre 300€ brutos/mes.
  • Reincorporación do titular e cesamento do persoal substituto: engádese que ao final do período da intervención, o equipo de apoio terá 5 días de descanso antes da reincorporación ao posto de traballo.

UGT: A favor      CIG: En contra            CCOO: A favor           CSIF: En contra.

Consideramos favorablemente a proposta de Acordo presentada por Función Pública, en atención a que se trata de unha proposta que ten como base o CARÁCTER VOLUNTARIO DO PERSOAL QUE INTEGRE OS EQUIPOS. Foron admitidas a practica totalidade das alegacións realizadas por UGT, en practicamente todas as cláusulas do Acordo.

VARIOS:

  • Solicitudes de permisos (vacacións, aps): logo de presentar escritos e preguntar en varias mesas anteriores, informan que, remitirán o luns un documento que se está a elaborar para ser incluído como novo punto da orde do día para a Mesa so martes.
  • Publicación en DOG do Acordo do CGSIB: martes 1 de decembro.
  • OPE 2020, nas vindeiras semanas negociarase e publicarase, convocarase Mesa para o martes. Transmite o compromiso de aprobar a Oferta correspondente a 2021 entre febreiro e marzo.
  • Procesos selectivos iniciados afectados no seu desenvolvemento pola pandemia: se retomarán a partir do mes de marzo e se programarán os exames das opes en curso. Está elaborado o protocolo de actuación que garante os principios de igualdade, mérito e capacidade con posibilidade de exames sucesivos ou en más dunha sede para a realización das probas.
  • Teletraballo: será ratificado, en vindeiros días, o acordo entre CIG e a Xunta de Galicia.
  • Temporalidade e emprego nos servizos públicos: onte celebrouse a Comisión de Coordinación de Emprego Público (CCC.AA.-Goberno Central), nesta xuntanza a Xunta de Galicia remitiu unha proposta de modificación do Estatuto Básico para incorporar na modificación que prepara o Ministerio en relación co persoal funcionario interino, solicitando que nas ofertas de emprego público se inclúan todas as vacantes ocupadas por persoal interino sen que resulte de aplicación ningunha taxa de reposición, e que de maneira adicional as ofertas de emprego podan incluír ata un 80% das prazas que se prevé que van a quedar vacantes por xubilación o ano en curso e no seguinte, co fin de que o persoal que se xubila poda ser relevado polo persoal que se presenta ás oposicións.
Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.