O venres pasado tiveron lugar dúas xuntanzas, das que damos conta:
COMISIÓN DE PERSOAL:
OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2024 DO PERSOAL SANITARIO FUNCIONARIO. LEI 17/1989
Sen cambios dende a Mesa Sectorial do persoal funcionario, ofértanse 15 prazas, das que 2 están na quenda de discapacidade. (podes acceder ao documento neste enlace).
UGT: a favor CIG: en contra CCOO: a favor CSIF: a favor.
SENTIDO DO VOTO DE UGT:
Reclámase a entrega con antelación suficiente, no obstante acéptanse as explicacións realizadas polo Vicesecretario na Mesa Sectorial, sobre a documentación coas prazas vacantes e causa que xustifican o 110% da taxa de reposición co resultado de 15 prazas ofertadas. Requirimos cambio de modelo na quenda de promoción interna e do proceso selectivo no conxunto do emprego público, e mentres iso non se produce, a negociación destes procesos selectivos (temario, tipo de exame……).
RPT DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR:
A Directora Xeral de Emprego Público informa do compromiso en acta de realizar equiparación de niveis coas especialidades e escalas de Política Social, no prazo de 3 anos, resto sen cambios dende a Mesa Sectorial.
UGT: en contra CIG: en contra CCOO: en contra CSIF: en contra
SENTIDO DO VOTO DE UGT:
Pese á información da futura equiparación de niveis coas escalas de Política Social, consideramos que se trata dunha oportunidade perdida.
Eran as cuartas alegacións que realizabamos a unha RPT do CGSIB, en todos os casos tivemos pouco ou moi escaso éxito, no caso das anteriores nulo éxito. Algunhas das consideracións que levan ao voto en contra son:
- Urxencia na tramitación: sendo conscientes da necesidade de aprobación e publicación da RPT polas implicacións que derivan no remate dos procesos da Lei 20, e da posta en marcha dos concursos de traslados de Política Social, consideramos que 5 anos, dende a última proposta, foi tempo suficiente como para ter que liquidar o trámite nunha semana escasamente.
- Listaxe de encomendas: reiteradamente solicitado e nunca aportado.
- Asignación de niveis: nesta RPT hai un promedio 3 niveis máis baixos que o máis baixo das especialidades homólogas en Política Social e queda diferida a equiparación a tres anos.
- Itinerancias: sen xustificar con criterios obxectivables.
- Identificación de vínculo xurídico: non aparecen nas observacións de RPT as persoas fixas.
- Coordinacións: sen concretar as itinerancias, diferenzas de apertura a escalas en Área de Benestar e Escolas Infantís.
- Servizos Centrais: distribución de postos caótica.
Pese a todo o anterior, todo negativo nada positivo agás que non hai complementos de funcionarización e que todos os postos incrementan algo as retribucións, hai que recoñecer que é mellor ter algo que non ter nada, como así ven sucedendo dende a creación deste ente e, en todo caso, é positivo que determinadas cousas como a xestión de listas pase á xestión de Emprego Público, a ver si por fin son conforme á legalidade establecida no Decreto, e apelar a que se inicie a regularización no CGSIB.
RPT PERSOAL CONDUTOR:
A Directora informa que á petición de UGT constará na acta desta reunión que non existen complementos de funcionarización, e que para a situación daquelas persoas que están a percibir diferenza salarial entre grupo IV e III, adoptarase a mesma solución que a realizada na última RPT de funcionarización, VVRRNN, Oficiais 2ª cociña e Analistas de laboratorio, acudindo ás certificacións das diferenzas por parte das unidades de persoal correspondentes,
A entrada en vigor da RPT está prevista para o día 28/02/25 e o cambio de vínculo xurídico para o 01/03/25.
Interveu o Director Xeral de Orzamentos para aclarar que os complementos “horario especial con especial dispoñibilidade” e “horario especial con especial singularidade”, son complementos ligados aos postos e non ás persoas, percibíndose en situación de baixa laboral, asuntos propios e vacacións.
UGT: a favor CIG: en contra CCOO: a favor CSIF: a favor
SENTIDO DO VOTO DE UGT:
Valoramos positivamente a retirada no mes de xuño da proposta inicial que contiña 240 postos con complemento de funcionarización, así como tamén que se recolla en acta e se aclare que a presente nin contén ditos complementos de funcionarización e ademais aplicarase a mesma solución ás diferencias salariais que na anterior RPT de funcionarización, na que a través de certificacións correspondentes garántese a súa percepción en nómina, igual que se garanten os novos complementos nos termos expostos polo Director Xeral de Orzamentos.
OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO ORDINARIA 2024:
Sen modificacións dende a Mesa Sectorial.
UGT: abstención CIG: en contra CCOO: abstención CSIF: en contra.
SENTIDO DO VOTO DE UGT:
A documentación non foi aportada en tempo e forma, en mesa previa aportase en man o anexo de prazas, e verbalmente infórmase das vacantes e causa que xustifica a oferta, faltou tamén o preceptivo documento borrador de Decreto, sendo achegado con posterioridade, que é o que realmente hai que negociar.
Cuestión a valorar positivamente é a determinación que na quenda de interna independente poda participar na do subgrupo A1 o persoal de A2 das escalas de consumo e de inspección turística. Igualmente que na do subgrupo C2 podan participar as escalas da agrupación profesional.
MODIFICACIÓN DE RPTs ADMINISTRACIÓN XERAL E ESPECIAL (Escoba da Lei 20)
Sen modificacións dende a Mesa Sectorial.
UGT: en contra CIG: en contra CCOO: en contra CSIF: en contra
SENTIDO DO VOTO DE UGT:
Pese a tratarse dunha RPT que debera funcionar como aquela a través da que “afloran” postos que ata este momento ou estaban mal encadrados ou simplemente non constaban en RPT, e que viña demandando regularizar este sindicato, e que en principio deberamos considerar como moi positivo, o resultado da mesma é unha eiva significativa coas prazas de Titulado Superior Lingüista, que se crean a media xornada e de 7 meses ao ano. Quere isto dicir que non hai demanda de formación suficiente como para non converter esas contratacións en tempo completo de todo o ano e ser coherente coa política que se anuncia pola Consellaría e a Xunta de promoción do Galego,?.
Por outra banda recóllense os postos de Illas Atlánticas, sobre os que, si a Administración fixese o seu traballo, xa deberían reflectir o Acordo acadado coas Organizacións Sindicais, e non é así. Ante esta situación urximos tanto á Consellería como á Dirección Xeral de Emprego Público a que á maior brevidade posible asine o Acordo de condicións do persoal das Illas Atlánticas e o aplique inmediatamente mediante unha nova modificación de RPT.
MESA XERAL:
PROPOSTA DE ACORDO PARA A CORRECTA FINALIZACIÓN DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN MEDIANTE CONCURSO DAS ESCALAS DO SPIF:
As catro Organizacións Sindicais manifestámonos sobre a posibilidade de que o contido deste acordo puidera ser trasladado a outras escalas, sempre que os datos puidesen avalar situación idéntica. Por parte da Dirección din que non ven esa solución aplicada a outros supostos, pero que en todo caso de poder producirse será atendida e resolta a través dos recursos de alzada.
Aclara tamén a Dirección Xeral que naqueles Entes Instrumentais que teñan os procesos finalizados e as tomas de posesión realizadas, as persoas que obteñan praza na Administración xeral poderán exercer o dereito de opción que habilita o artigo 11 da Lei 5/2022, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da CA de Galicia. Neste caso deberían renunciar á primeira praza co fin de dar cumprimento á obriga do propio artigo 11.
Ante a situación derivada da aplicación do acordado e sobre a finalización dos procesos da Lei 20, nestas escalas afectadas, só di que será “no prazo máis breve posible”.
Pediuse por parte das OOSS que o acordo se aplique tamén aos procesos de concurso-oposición.
CONVOCATORIAS DE PROMOCIÓN ESPECÍFICA A2, C1 e C2 (CONSORCIO):
Trátase das convocatorias de procesos a través dos cales está previsto que o persoal laboral fixo, cuxa condición foi adquirida, por proceso selectivo, con posterioridade á entrada en vigor do EBEP e polo tanto non pode ir a través de procesos denominados “funcionarización”, podan adquirir a condición de persoal funcionario.
Diferéncianse basicamente nas respostas dos test, os de funcionarización levaban 3 e estes 4. Estes levan taxa de matricula e os de funcionarización non.
ROGOS E PREGUNTAS.
- Negociación do grado III extraordinario de carreira profesional: iniciarase a negociación en 2024 e os efectos serán a 01/01/2025.
- Plan de estabilización de persoal contratado para os eólicos: a pregunta realizámola, tendo en conta que o Director Xeral de Orzamentos en Mesa Xeral de Orzamentos comentara a intención de levar a diante o que denominou, en dita Mesa, como “plan de estabilización”, e dado que non se observa a través da OPE que se aprobou hoxe, o dito plan é o motivo polo que se lle pregunta. Responde que ante a previsible necesidade de prazas foi unha cuestión que avanzou no seu momento e que teñen previsto realizar.
- Persoal investigador: cando se aproba o Decreto de persoal investigador a Administración, a petición de UGT, inclúe as prazas no desenvolvemento da Lei 20/201, para elo dáse o prazo dun ano, a partir da publicación do Decreto, para ter unha listaxe do persoal afectado, así mesmo en dito prazo debera iniciarse a negociación dun convenio marco de todo o persoal investigador. Como o prazo está a piques de concluír, preguntamos como van os trámites. A Administración responde que están coa determinación das prazas estruturais e que en canto teñan o resultado o farán chegar ás OOSS para a negociación.
- De igual forma manifestamos queixa formal polo acontecido con persoal das fundacións sanitarias que, en aras ao cumprimento do preceptuado na Disposición transitoria terceira do Real Decreto-lei 32/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, obriga a un cambio de contrato pasando dun vínculo temporal a un indefinido de actividade científico-técnica, amparado pola Lei da Ciencia.
- Preguntámonos se non houbo tempo suficiente dende o ano 2021, cando se publica o RDL, ata o día 17 de decembro de 2024, cando se lle comunica ao persoal afectado, para poder ter en previsión a obriga legal?.
- Non é suficiente a situación de precariedade pola que pasa o persoal investigador desta Administración, como para encima ter que padecer actuacións ameazantes?. O contido dos correos que recibiu o persoal era meridianamente claro ou asinas o novo contrato ou vas á rúa. Isto é inaceptable.
- De igual forma manifestamos queixa formal polo acontecido con persoal das fundacións sanitarias que, en aras ao cumprimento do preceptuado na Disposición transitoria terceira do Real Decreto-lei 32/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo, obriga a un cambio de contrato pasando dun vínculo temporal a un indefinido de actividade científico-técnica, amparado pola Lei da Ciencia.