Sectores

Comisión de Persoal: Convocatoria de Procesos Selectivos


 Modificación RPT AMTEGA:

Tal e como viñamos mantendo, as 4 OOSS con representación en Mesa Xeral, UGT manifesta o seu voto en contra á actual proposta e negámonos a calquera tipo de negociación con AMTEGA, mentres non se abra un proceso negociador dos asuntos pendentes ao respecto das reivindicacións do persoal sobre pluses e as mobilidades nunca aclaradas polos seus responsables previas á integración do CIXTEC.

UGT: en contra       CIG: non vota              CCOO: en contra                    CSIF: non vota.

Procesos selectivos:

 

Agrupación Profesional, Subalternos (acceso libre).

UGT: en contra       CIG: en contra            CCOO: en contra                    CSIF: en contra.

Indicar que se sinala desde FP que o prazo para a matrícula será a partir do 5 de maio, por previsión de posibles problemas técnicos que podan xurdir derivado do elevado número previsto de solicitantes. Posiblemente nesa data debe de estar publicada os resultado da convocatoria que está sen rematar.

C2, Corpo auxiliar (Disc. Intelectuais).

UGT: a favor            CIG: en contra            CCOO: a favor                        CSIF: en contra.

O noso voto a favor fundaméntase na toma en consideración da alegación ao respecto da inclusión da quenda de promoción interna. Sendo que estamos desconformes coa inclusión do curso selectivo superado o proceso, entendemos que si as asociacións do Consello Asesor de Discapacidade da Administración Autonómica o propoñen, tal e como así se dixo pola DXFP, considerase que é unha decisión sopesada, pola contra UGT é proclive a un curso preparatorio e non eliminatorio.

Agrupación Profesional, Subalternos (Disc. Intelectuais).

UGT: a favor            CIG: en contra            CCOO: a favor                        CSIF: a favor.

Segue os mesmos parámetros que a última convocatoria, que obtivo uns resultados aceptables, motivo polo que non vemos inconveniente en votar a favor.

C2, Escala Auxiliar de clínica.

UGT: en contra       CIG: en contra            CCOO: en contra                    CSIF: en contra.

C2, Escala Auxiliar de coidadores/as

UGT: en contra       CIG: en contra            CCOO: en contra                    CSIF: en contra.

A1, Escala Enxeñería, esp. Enxeñaría Minas, Escala de Arqueólogos/as, Escala de Facultativo de Arquivos, Bibliotecas e Museos, esp. Arquivos, esp. Museos, esp. Bibliotecas.

UGT: en contra       CIG: en contra            CCOO: en contra                    CSIF: en contra.

A2, Escala de Enxeñería Técnica, esp. Enxeñería Técnica Minas, esp. Enxeñería Téc. Obras Públicas; Escala de Axudantes de Arquivos, Bibliotecas e Museos, esp. Museos, esp. Bibliotecas.

UGT: en contra       CIG: en contra            CCOO: en contra                    CSIF: en contra.

O voto en contra, de todas as bases propostas e votadas negativamente, fundamentámolo en que nas alegacións presentadas requiríamos da Administración que fose facilitada unha listaxe que garantise a non afectación ás prazas convocadas dos procesos que se deban convocar, derivados da Lei 20/2021 de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Remitida a listaxe, feita pública, e segundo as informacións que vamos recibindo, podemos concluír que as listaxes poden conter erros, incluíndo nos procesos prazas que deben ser obxecto dos procesos da Lei 20.

Por outra banda debemos atender a que varias as especialidades ofertadas derivan de Ofertas de Emprego Público que desenvolven o Acordo de concertación, e polo tanto deben ser contempladas as premisas do mesmo nas bases que desenvolvan as convocatorias, isto é: sistema selectivo por concurso-oposición, fase de oposición mediante un exame, tipo test, fase de concurso do 60-40% e o 40% dividido no 35% da experiencia e o 5% en formación. Non cumprindo ningún dos parámetros acordados as bases obxecto de votación.

A1, Escala Facultativa de Arquivos, Bibliotecas e Museos, esp. Bibliotecas (P.I), esp. Museos (P.I).

UGT: en contra       CIG: en contra            CCOO: en contra                    CSIF: en contra.

O voto en contra ten o seu argumento en que UGT considera que as promocións internas deben ser revisadas, na súa formulación. Instamos a que se proceda, por parte de Función Pública, a unha análise consensuada coas Organizacións Sindicais, que permita unha auténtica promoción vertical do persoal empregado público co fin de que esta quenda deixe de o camiño de progresión profesional tortuoso en que se ten convertido, facendo máis difícil o ascenso por esta vía que polo acceso a través da quenda de acceso libre, e aos números nos remitimos

A2, Escala de Finanzas.

UGT: en contra       CIG: en contra            CCOO: en contra                    CSIF: en contra.

Admitindo que esta escala pode constituír unha das excepcionalidades á norma, tamén é certo que o deseño deste proceso nin garda relación co resto en número de probas nin tampouco atende a un tratamento diferenciado da quenda de promoción interna.

Varios

  • CONVOCATORIAS DE PROCESOS SELECTIVOS:

Está previsto realizar todo o que sinala a Lei 20/2021, a maiores da correspondente á taxa de reposición por quenda de acceso libre.

Sobre as listaxes correspondentes aos procesos da Lei 20/2021, a semana que ven comezarán a enviar listaxes das diferentes escalas. Entenden que deben ir remitindo lotes de listaxes por escalas, e non esperar a ter toda a listaxe feita, posto que facilitará o traballo de comprobacións ás OOSS da Mesa Xeral, e que se poda ir realizando o traballado sobre elas.

  • TOMAS DE POSESIÓN:

A pregunta de UGT sobre a toma de posesión da OPE social, responde que ao igual que de todos os procesos que teñen en marcha, irán saíndo nos vindeiros días as baremacións dos concursos de méritos, dando 10 días de alegacións e segundo se vaian resolvendo as alegacións sairá o resultado definitivo, co correspondente prazo de 20 días para presentar a documentación, e logo a toma de posesión. Non van a ter preferencia por unhas escalas ou outras, dependerá moito das alegacións á fase de concurso, posiblemente non sairán todas as ofertadas como OPE social xuntas, están xa rematadas varias, e todo dependerá da cantidade de alegacións presentadas e a capacidade de resolución das mesmas. En todo caso, non garante que saían todas antes do verán pero si que van a intentar que todo vaia o máis rápido posible.

  • CONCURSO DE TRASLADOS PERSOAL FUNCIONARIO DE CORPO XERAL:

Preguntado por UGT pola  toma de posesión do concurso de traslados o director confirma “que se está traballando para que sexa en marzo ou abril, o máis probable e que sexa en abril”. NON se contempla a posibilidade de retrasar o proceso a setembro.

  • RPT DO CONSORCIO:

UGT pregunta por RPT do Consorcio, confirma que está practicamente rematada a falta de mínimos axustes. Se remitirá novamente ás OOSS para alegacións nos próximos días

Informa_t_comsion_persoal_30_03_22.pdf

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.