Modificación RPT Medio Rural
Esta Comisión de Persoal se convoca logo dunha Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, na que chega unha documentación que posteriormente se anula, se envia outra, e logo sucesivos arquivos complementarios, que deron lugar a reiteradas solicitudes de aclaración na mesa de reunión: finalmente, chega a Comisión de Persoal sin modificación reseñables.
A finalidade segundo a DXEPAP é adaptación a estructura orgánica, modificación de 44 postos, supresión de 4 postos de xefaturas territorias e modificación retributiva de axentes medioambientais.
Toda vez que se produce unha amortización de postos, sinaladamente 1 de veterinario de apoio gandería Ourense e varios de prevención de incendios, UGT argumenta que as modificación de RPT e aplicación de melloras acordadas non deben facerse a costa destes postos a amortizar, e que se teña especial cuidado con reducir postos de prevención de incendios.
UGT: ABSTENCIÓN CIG: EN CONTRA CSIF: ABSTENCIÓN CCOO: A FAVOR
Modificación RPT Administración especial
Este punto da orde do día tamén se tratou na Mesa Sectorial de Persoal Funcionario previa e na reunión informativa para dar solución as tomas de posesión de Administración especial escala de Ciencias, atendendo a urxencia de tramitar dita modificación. UGT valora que a súa petición de que as prazas a ofertar para toma de posesión das persoas afectadas por medidas cautelares de suspensión de toma de posesión na prazas obtidas no concurso se atenda, pero non se atendeu a revisión da proposta de nivel das prazas a crear de A2 forestais, para o caso de que non cheganse as prazas ofertadas o grupo A (A1 e A2 nos que elixen primeiro os A1, e no que quede os A2). A RPT irá a Consello, a DOG e toma de posesión.
A DXEPAP propón na memoria que logo das tomas de posesión se revisaran os postos, pero solicitada aclaración non se refire a petición de UGT de homoxenizar niveis.
UGT: ABSTENCIÓN CIG: ABSTENCIÓN CSIF: A FAVOR CCOO: A FAVOR
Varios
Cronograma e situación dos concursos e reunión informativa solicitada por UGT para valorar si hai maís maís solicitudes de extensión de efectos ou medidas cautelares: Non hai cronograma pero se está avanzando, non hai máis solicitudes de extensión de efectos ou medidas cautelares, se fará reunión si muda a situación actual para dar solución en cada caso.
Carreira: se está valorando as alegacións presentadas na primeira quincena de setembro para convocar reunión. Non deu data.