OPE 2026
UGT VOTA EN CONTRA. A OPE apróbase co único voto a favor da administración.
Reiteramos o manifestado en Mesa xeral, rexeitamos os procesos selectivos por oposición, a limitación a porcentaxe mínima da promoción interna do anexo I acceso libre, e convocar prazas grupo B con toma posesión como C1 (a Xunta é competente para desenvolver e resolver esta abusiva situación).
UGT solicita o desenvolvemento do Acordo estatal de mellora de emprego coa negociación dun novo marco regulador quedeixe atrás as taxas de reposición e formule a ordenación de emprego conciliando a mobilidade, a promoción interna e o acceso libre, con procesos áxiles e simplificados que permitan a resolución anual das OPEs, a mobilidade aberta e unha promoción interna efectiva. Solicitamos un proceso de funcionarización de repesca.
RPT AXI
UGT VOTA EN CONTRA. A RPT se aproba co voto a favor da administración, en contra de UGT, CIG, e CCOO, e abstención de CSIF.
Valoramos que AXI manifeste en Mesa que recuperará a transferencia orzamentaria de 5 postos a IGUS, no obstante hai incumprimento do Acordo e reiterar que o cambio de denominanción non é unha cuestión menor.
ACTUALIZACIÓN PREVISIÓNS ELECCIÓN DESTINO CORPOS XERAIS
Nova previsión de publicación da resolución para elección de destino de Corpos xerais: “nas próximas semanas”, xa que están analizando o resultado logo do concurso e que cada grupo e subgrupo dispoña dos postos necesarios segundo aspirantes aprobados!!. Antes de publicar a DXEPAP convocará para explicar os criterios.
UGT non moveu a des-información da toma de posesión do 12 de maio que aseguraban por supostas “informacións privilexiadas”, bulos, ruído…ou como se queira calificar??.
UGT demanda a DXEPAP e o seu equipo, seriedade, rigor e seguridade xurídica ante unha situación que non ten precedentes polo volume de prazas e movemento de persoal que implica. UGT non comparte menxases apocalípticas e especulativas máxime cando se afirma que se dí o que se dí por falta de datos (resultas). Este proceso debería derivar na normalización e axilización definitiva dos concursos, promoción interna e acceso, xa vai sendo hora.
VARIOS
Orientadoras: previsión de resolución adxudicación de destino en 2 ou 3 semanas.
Promoción interna de C1 OPE 2021, aplica criterio de orde de convocatoria que foi en 2023.
