Sectores

Comisión de Persoal (21/06/2024)

Onte, tivo lugar a Comisión de Persoal, cos seguintes asuntos:

MODIFICACIÓN DA RPT DE FUNCIONARIZACIÓN DOS GRUPOS III E IV:

A Directora Xeral anuncia ao inicio da Comisión que, tras as alegacións das Organizacións Sindicais, procede á retirada do punto da orde do día, co fin de continuar co análise da mesma e a negociación.

Valoramos a retirada a espera de que se estimen as nosas alegacións, que son públicas e podedes consultar. A proposta retirada non é continuista coas funcionarizacións anteriores, xa que dun total de 2.178 postos, retirado o persoal condutor, seguían a quedar 240 complementos de funcionarización. UGT entendemos que aplicando os criterios de funcionarizacións precedentes poden minimizarse ou desaparecer moitos complementos de funcionariación. Agardamos que se atendan as nosas alegacións e se proceda a un cambio profundo do enfoque da análise e da proposta da DXAPEP.

MODIFICACIÓN DO DECRETO 168/2019 DE FUNCIONARIZACIÓN:

Informa a Directora de que sobre o documento de Mesa Xeral, engádese a posibilidade no Anexo do Decreto, de que o persoal da Categoría IV-004 que estea en posesión da titulación requirida terá a opción de funcionarizar na categoría de Auxiliar de Clínica, e desdobrar en dúas escalas técnicas (mantemento de servizos e recursos naturais e forestais) para adecuar a equivalencias para a funcionarización das categorías III-07, III-08, III-09, III-23, III-60, III-64 e III-67.

UGT: abstención.          CIG: en contra.         CCOO: abstención.  CSIF: en contra.

Sentido do voto de UGT:

Si ben algunha das cuestións foi proposta por esta organización, como o feito de subsanar o erro ao respecto da categoría de emisorista-vixiante, que era contraria ao determinado pola LEPG e tamén nos parece axeitada a modificación prevista ao respecto das categorías do Grupo III, consideramos que a proposta sobre a categoría III-99 “a extinguir” non satisfai as pretensións do colectivo, e supón a perda do grao de carreira do C1 que veñen percibindo.

MODIFICACIÓN DA RPT DE CULTURA, EDUCACIÓN, F.PROFESIONAL E UNIVERSIDADES.

UGT: a favor.                   CIG: a favor.              CCOO: en contra.    CSIF: a favor.

Sentido do voto de UGT:

Consideramos que as propostas de amortización e creación de prazas xunto coa toma de posesión en destino provisional das persoas candidatas, son consecuencia da adaptación a procesos de selección celebrados con anterioridade, e que a modificación negociada tiña carácter fundamentalmente técnico.

MODIFICACIÓN DA RPT DA ATRIGA:

UGT: a favor.                  CIG: en contra.         CCOO: a  favor.        CSIF: a favor.

Sentido do voto de UGT:

Valoramos a estimación da proposta de UGT, un acerto da Axencia, da retirada do cambio proposto de provisión da Xefatura de Departamento Auditoría e Calidade (CE por LD), e a aceptación da demanda de UGT de creación de novas prazas derivadas do incremento de actividade de carácter recaudatorio por parte da ATRIGA.

ROGOS E PREGUNTAS:

Preguntouse polas seguintes cuestións:

  • Calendario dos procesos selectivos, publicado e retirado, con especial mención aos procesos de promoción interna: trasládasenos a vontade de cumprimento do calendario. Non hai en todo caso unha resposta concreta de prazos, nin tan sequera unha estimación.
  • Procesos de persoal veterinario, incluíndo o da promoción específica, para cando a toma de posesión?: Indica que con carácter previo débense modificar as RPTs funcionarizando os postos, sen indicación de prazo.
  • Remate dos procesos de Enxeñerías de Montes e Técnica Forestal: responde que se están analizando os postos que se ofertarán, sen indicación de prazo.
  • FIDES:
    • Exponse a problemática de documentación que antes aparecía como validada e agora non, e si existe algunha posibilidade de realizar consultas do histórico nos expedientes para poder contrastar esta cuestión.
    • Formulamos a problemática das persoas da 1ª parte da Transitoria 10ª do VCCU, transferidos do INEM, no seu día UGT xa expuxo que se debía considerar como experiencia interna, posto que tanto as dúas transferencias realizadas dende o Estado, supuxo unha integración de plena continuidade tanto da execución de funcións como de persoas. Pero, en todo caso, detectamos que nin se contabilizou como experiencia interna nin externa.
    • Responde, a Directora, a todo o exposto recoñecendo a existencia de erros e que están intentando solucionalos.
  • Preguntada pola sinatura e publicación do Acordo do SPIF, non hai resposta.
  • Preguntada pola RPT do CGSIB, dado que os traballos da Comisión do integración van chegando ao seu remate, responde que están con ela.
  • Instada a que se responda á petición das catro OOSS sobre a convocatoria da Comisión de seguimento do Acordo de Política Social, responde que están rematando a revisión das alegacións que presentaron as OOSS ao documento de criterios.
  • Concursos de traslados:
    • Preguntamos polos das escalas especiais (BBFF, AAFFMM, Enxeñerías, Arquitectura, Ciencias, Consumo), respondeu só sobre o de Consumo indicando que se están revisando as solicitudes.
  • Contratacións nas Fundacións Sanitarias:

O venres pasado, en Mesa Xeral, avanzamos unha pregunta ao respecto de si existía algunha dificultade procedimental para levar a cabo contratacións nas Fundacións Sanitarias. Aprobado e publicado o Decreto de investigadores, non se entende como os equipos de investigación ven paralizadas as investigacións en marcha por cuestións procedimentais. Urximos a unha solución inmediata que dea continuidade ao traballo en ditas Fundacións, segundo as nosas informacións, neste momento atópanse paralizadas na entorna de 10 persoas, só nunha delas, que se consideran fundamentais para o desenvolvemento das investigacións en marcha.

Ante a repregunta en Comisión de Persoal, non se obtén resposta por parte da Administración.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.