Decreto OPE Lei 17/89 2025
A favor CSIF Abstención UGT En contra CIG Abstención CCOO
A DXEPAP declara aprobada a proposta.
UGT SP reiteramos, como en todas as propostas de convocatoria con proceso de selectivo por oposición que rexeitamos coa mesma xustificación, que é preciso pararse a negociar un novo modelo de procesos selectivos actualizado en moitos aspectos, o igual que sucede coa promoción interna e o concurso aberto e permanente. Esperamos que nas convocatorias se teña mudado o modelo en desenvolvemento do Acordo Marco estatal.
Resolución convocatoria procesos selectivos Lei 17/89 2022-2023-2024
En contra UGT Abstención CIG En contra CCOO En contra CSIF
A DXEPAP declara aprobada a proposta.
UGT SP reiteramos o voto en contra fundamentalmente por non facer ningunha aproximación negociadora sobre a alegación de adecuar o baremo xeral de servizos prestados.
Modificacion RPT APLU
A favor UGT Abstención CCOO En contra CIG En contra CSIF
UGT SP votamos a favor da proposta en tanto en canto atende fundamentalmente á adaptación ao decreto de estrutura da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas. Cuestións que foron tratadas na negociación aínda que non se correspondían coas materias obxecto de negociación como foi a demanda de incremento do nivel retributivo das/os subinspectores/as urbanísticos contan co apoio explícito da UGT. Reiteramos a nosa disconformidade, xa coñecida, á apertura de postos a outras administracións aínda que no caso da APLU entendemos que a apertura nun dos postos modificados na proposta de modificación presentada conta co soporte argumental do propio decreto de creación da APLU.
Varios. PAGA EXTRA. ATRASOS ACORDOS
- PAGA EXTRA: abono o 22 de decembro
- ACORDO MARCO ESTATAL E ACORDO GALEGO DE GRAO EXTRAORDINARIO: Atrasos de ambos Acordos en Nómina adicional do mes de decembro que se abonará nas dúas primeiras semanas de xaneiro de 2026, e polo tanto non entra no IRPF de 2025.
