Sectores

Comisión de Persoal (17/07/2025)

Antes de iniciarse a reunión da Comisión de Persoal, recibimos comunicación de adiamento das Mesas Xeral de Persoal Funcionario e Sectorial, convocadas a continuación da Comisión de Persoal,a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal refire que atende así a petición de todas as organizacións sindicais de adiar a carreira ordinaria, e como a extraordinaria entroncará coa ordinaria, quere tratar as dúas propostas conxuntamente.

UGT entende que podía seguir avanzando coa carreira extraordinaria aínda que se contemple o entronque e se reitere por parte da administración; que os efectos económicos, en todo caso, son dende o 1 de xaneiro de 2025: tamén o sindicato que non comparte o modelo demanda que se siga cos puntos que lle faltan por acordar os outros sindicatos. 

Proposta de resolucións de procesos selectivos

  • Acceso libre e promoción interna, oposición, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de ciencias do mar.
  • A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidades de pesca marítima, bioloxía pesqueira, navegación marítima, máquinas e instalacións mariñas, inglés marítimo, formación e orientación laboral e procesos sanitarios
  • Acceso libre, oposición, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo­ pesqueiros, especialidade de máquinas e produción.
  • Acceso libre e promoción interna, concurso-oposición, para o ingreso na categoría 100 do grupo 111 do persoal laboral da Xunta de Galicia, Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada.
  • Acceso libre e promoción interna, sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías 14 (Bombeiro/a forestal) e 14A (Bombeiro/a forestal condutor/a) do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Nas OPE de SPIF, UGT valora que se estimaron algunas alegacións como o 60-40, exame e concurso, e os 6 meses ata o primeiro exercicio, pero discrepa no seguinte: no grupo III o requisito non pode ser técnico ou técnico superior, para o acceso a xefe de brigada debes ser superior, field test para proba física, e as alegacións do sindicato sobre fase de concurso, formación e galego eran maís acaida que a proposta da administración.

UGT leva tempo solicitando cambiar, con carácter xeral, o sistema de proceso se­lectivo de oposición polo sistema de concurso oposición e negociar un novo modelo de promoción interna que faga posible exercer ese dereito de forma efectiva ao persoal empregado público. Non se acepta abrir esta negociación e se presentan sucesivas propostas de Resolu­cións de convocatorias co sistema selectivo de oposición, sen máis debate.

Estas propostas de Resolucións se proclaman aprobadas pola DXEPAP sin contar co voto favorable de ningunha organización sindical da Comisión de Persoal.

Varios

  1. Acordos de condicións de traballo persoal non docente e de medio ambiente comprometidos logo dos de política social e SPCIF.

A consellería de educación refire que ata que non rematen todos os procesos da lei 20/2021 non valorará si son ou non necesarios. UGT entende que había un compromiso de Comisión de Persoal e que nos outros ámbitos non rematou a lei 20/2021 e xa se negociou, polo tanto é un trato discriminatorio.

  • Toma de posesión de enxenerías: publicouse elección de destino sen data de toma de posesión, non figuran na cronoloxía do mes de xullo, están nunha situación que urxe resolver coa toma de posesión.

Respostan que non é posible aplicar medidas cautelares unha vez feitas e publicadas as elección de destino e que eses postos xa non son retirables con medidas cautelares. Data de toma de posesión saldrá en xullo.

  • Concurso escalas xerais: non aportan datas de previsións
  • Outros procesos e publicación:

Concurso de Escalas de persoal facultativo: 22 de xullo.

Funcionarización grupos II, III e IV Decreto 367/2006: 23 de xullo

Listas provisionais de admitidxs e excluídxs arqueólogos: 23 de xullo

  1. Abono do 0,5% de atrasos do Acordo estatal asinado por UGT

Non sabe a data que sae no DOG pero asegura que abonarán atrasos dende o 1 de xaneiro de 2025 coa nómina de xullo que actualiza xa coa subida, e no mes seguinte os atrasos de 1 de xaneiro a 31 de decembro de 2024.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.