Sectores

Comisión de Persoal (12.06.2024)

UGT: A FAVOR             CIG: A FAVOR      CSIF: A FAVOR             CCOO: A FAVOR  

UGT valora que en termos xerais o Acordo recolle as achegas realizadas pola Organización, singularmente a equiparación dos niveis dos postos de persoal funcionario creados no ano 2024 adscritos ao servizo Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.  Os tempos de descanso e a organización de traballo interno atendendo ás singularidades do Parque son cuestións relevantes que serán obxecto de seguimento especial por parte da UGT no futuro

Entendemos que hai aspectos que, de seguro van seguir formando parte das nosas reivindicacións na comisión de seguimento do acordo: a extensión do obxecto e ámbito de aplicación do mesmo ás tripulacións e ao colectivo dos e das guías intérpretes de patrimonio natural, van ser unha das nosas prioridades a futuro.   

UGT: ABSTENCIÓN     CIG: A FAVOR     CSIF: A FAVOR      CCOO: ABSTENCIÓN

UGT entende que en aplicación da norma sobre a integración do persoal do CGSIB ao VCCU do persoal laboral da Xunta de Galicia, asinada en marzo de 2017 (DOG 17/06/17), debera terse procedido ao desenvolvemento da aprobación da RPT (aos 3 meses da publicación en xuño do 17) e dunha serie de procesos de provisión (concurso de traslados da fixas e funcionarización) e integración, que están parcialmente inacabados. A responsabilidade foi, é e será da xerencia do CGSIB por inacción, pero todo elo indubidablemente ten repercusión, unha vez máis, na parte máis débil da cadea, o persoal que volve a quedar fora dun procedemento de concurso e á espera de que se concrete a súa definitiva e completa integración.

Igualmente manifestamos que faltan no buzón unha serie de postos en Residencias da provincia de Lugo, e podería haber máis nestas circunstancias: ocupadas por persoal en asdcrición provisional por causas de saúde, por tanto obrigados a concursar para que así desa forma eses postos vaian ao buzón das resultas, pero á súa vez dito persoal está en destino provisional da OPE do 2019 e da promoción interna do 2017, polo que NON pode concursar. DXFPAP dictamina que ditos postos quedan fora do concurso, inxustiza para o persoal que ten dereito a concursar.

A modificación proposta non dá resposta, entre outros aspectos, a unha demanda historicamente reivindicada pola UGT que é a da equiparación de niveis para persoal titulados ambientais, bióloxia ou os postos de veterinaria da área de biodiversidade do Servizo de Patrimonio Natural.

Deixamos constancia da nosa valoración, unha modificación pouco ambiciosa que non pode ser apoiada.

O noso voto de abstención logo de amosar o compromiso e a dispoñibilidade a Consellería para afrontar en próximas negociacións a equiparación de niveis do perdoal dos colectivos referidos por UGT.

*Ratificamos o sentido do voto da CIG e CSIF por ABSTENCION (erro de transcrición pola nosa parte)