UGT preguntou sobre a previsión de pago de atrasos do 0,5%. En Mesa Xeral de Orzamentos se decía que se abonarían o antes posible, unha vez se publicase no BOE. Na reunión se respostou que se consultaría. Recordamos que o incremento do 2024 é consolidable e debe terse en conta para o cálculo de atasos e nómina dende xaneiro 2025.
Posteriormente, se concretou que:
- NOMINA DE XULLO ACTUALIZA E INCLUE ATRASOS XANEIRO XUÑO 2025.
- NOMINA AGOSTO ATRASOS XANEIRO DECEMBRO 2024.
PROPOSTA DE RESOLUCIÓNS DE CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO OPOSICION INGRESO QUENDA DE ACCESO LIBRE
Agrupación Profesional, especialidade recursos naturais e forestais
UGT: ABSTENCIÓN CIG: EN CONTRA CSIF: EN CONTRA CCOO: ABSTENCIÓN
No trámite de consulta en Mesa e aprobación en Comisión de Persoal, a proposta se proclama aprobada pola DXEPAP sin contar co voto favorable de ningunha organización sindical.
UGT leva tempo solicitando se cambie, con carácter xeral, o sistema de proceso selectivo por oposición polo de concurso oposición e negociar un novo modelo de promoción interna que faga posible exercer ese dereito de forma efectiva. Dende o remate do Acordo de estabilidade e posteriores convocatorias de procesos coa lei 20/2021, a Administración presentan sucesivas propostas de Resolucións de convocatorias, están en trámite outras máis, das que iremos dando conta, co sistema selectivo de oposición, sin máis debate, non acepta abrir esta negociación.
VARIOS
- A DXEPAP remitirá datos dos postos que se retirarán do concurso ordinario das escalas sociais, por ser categorías coincidentes co persoal fixo (mestra/e e educador/a) do Consorcio que fará a funcionarización o 5 de xullo. O concurso se convocará unha vez rematado todo o proceso de funcionarización.
- Nos procesos selectivos de discapacidade hai planilla adaptada e seguirán mellorando software.
- En escala auxiliar de cocina quenda promoción interna se publicará corrección erros temarios.
- Os exercicios adiados 2023-2024 teñen unha data máxima de 20 días acotada no propio adiamento.
- Enxeñería de montes, analizando postos pero terán toma posesión coordinada cos concursos como os demais procesos.
- A adxudicación da Comisión de servizos ambientais é por execución de sentenza, segundo argumentan.