Hoxe tivo lugar a Comisión de Persoal Ordinaria na que se aprobou a relación de postos de traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia dos grupos III e IV e da RPT complementaria de postos de grupos I,II e AP. A valoración de CCOO e UGT e a seguinte:
- 2177 postos funcionarizados dos que o 93,43% ven incrementadas as súas retribucións con respecto as nóminas que percibían como persoal laboral.
- Os complementos de funcionarización son 29 e inferiores a 50 € en cómputo anual.
- Conversión dos postos de persoal fixo-descontinuo en postos de xornada anual
- O compromiso da dirección xeral de emprego público e administración do persoal de revisión e poder dar solución as diferentes situacións que puideran quedar sen resolver coa aprobación desta RPT de acomodación/clasificación/equivalencias e a RPT de persoal laboral de orixe.
- Dito compromiso é a remisión para a súa aplicación do Acordo de UGT e CCOO da Comisión de persoal do 23 de xuño de 2021 que contempla os criterios de aplicación da primeira RPT, o igual que se fixo coas seguintes RPT de funcionarización, se fai con esta que é a sétima.
- Na RPT complementaria da xa feita dos grupos I, II e AP se revisa e amplía a anterior RPT cun total de 229 prazas que posibilitan tomas de posesión e promoción horizontal.
CCOO e UGT emitimos voto favorable nestas dúas RPT que vinculan cos criterios da Comisión de persoal xa aplicados en RPT anteriores revisadas e outras pendentes de revisión seguindo a senda establecida polo Acordo de concertación social que se van complementando con Acordos de condicións laborais que tamén engaden melloras salariais e de recuperación de dereitos.
Dende UGT e CCOO seguiremos a traballar para completar a funcionarización e nelas corrixir, se fose necesario, na oitava e próxima RPT de funcionarización, algúns flecos en base a remisión o Acordo que a Directora Xeral de Emprego público aceptou en resposta a petición destas dúas organizacións sindicais.