Hoxe tivo lugar a Comisión de Persoal cos seguintes puntos na orde do día:
MODIFICACIÓN DA RPT DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE:
Proposta de creación de 17 postos derivada da aplicación do Acordo sobre as condicións de traballo do persoal dos centros de xestión propia da consellería de Política Social e Xuventude, a creación dunha xefatura de servizo e dunha xefatura de sección na secretaría xeral Técnica.
Cambios derivados da modificación do artigo 41.2 do Decreto 254/2011 ao respecto da desaparición como exixencia o estar en posesión do curso de capacitación para o desempeño da función de inspección de servizos sociais, pasando a incluír como formación específica o permiso de conducir B (código 954) (RI) e o curso de inspección de servizos sociais (código 341) (mérito).
Sentido do voto de UGT:
UGT: a favor CIG: abstención CCOO: a favor CSIF: a favor
A RPT é consecuencia da aplicación do Acordo de condicións de traballo, asinado por UGT, ampliando con esta segunda creación 17 prazas en distintos centros da Consellería. Lembramos tanto en mesas previas como en Sectorial e hoxe na Comisión que a Dirección Xeral da Función Pública ten pendentes de implementar os compromisos adquiridos con UGT, nas Comisións de Persoal de 30 de outubro de 2023 e 23 de xuño de 2021, a revisión de niveis en determinadas escalas e especialidades, como son aquelas do ámbito de menores, coordinacións de enfermería, persoal subalterno, así foi recoñecido polo director xeral.
Reclamamos que se continúe coa creación de prazas que permitan dar un cumprimento axeitado ao acordo, cuestión que confirma o Director que se fará sempre que se demostre a súa necesidade logo dos traballos da Comisión de seguimento.
En todo caso aproveitamos para reivindicar que o persoal administrativo dos centros con xestión propia debe ver revisado o nivel, en atención a que a carga de traballo foi incrementándose de xeito importante.
Así mesmo reclamamos a toma en consideración sobre a apertura de negociación dun acordo de condicións de traballo para os efectivos da Inspección de Servizos Sociais, que recoñeza a súa especificidade.
BASES DO CONCURSO DE TRASLADOS CONSUMO:
Sentido do voto de UGT:
UGT: abstención CIG: a favor CCOO: abstención CSIF: en contra
Informa da inclusión de todas as prazas, incluíndo as 6 do C1 propostas inicialmente a excluír.
Requiríamos modificar a porcentaxe nos items a valorar nos méritos ao que se nos responde que non é posible modificar a aplicación informática neste momento, que se analizará para concursos vindeiros.
Alegábamos que se buscase a fórmula xurídica precisa co fin de que as persoas que obteñen praza mediante o concurso, tivesen a obriga de permanencia no posto de canto menos un ano á toma de posesión, con fin de evitar movementos a través das comisións de servizos.
BASES DO CONCURSO DE TRASLADOS GARDACOSTAS:
Sentido do voto de UGT:
UGT: abstención CIG: a favor CCOO: abstención CSIF: en contra
A maiores do indicado sobre os items nas bases de consumo, e a permanencia no posto, que comparte con este concurso, solicitabamos a incorporación de formación específica para patróns, tampouco foi atendida.
ROGOS E PREGUNTAS:
- Formulada a pregunta ao respecto das diferencias salariais percibidas polo persoal laboral, de grupos V e IV con grupo III, no ámbito de cociña, e que se deixarían de percibir unha vez funcionarizadas as persoas, posto que derivan de recoñecementos xudiciais, responden que Facenda e Política Social están analizando a viabilidade da fórmula xurídica que procede co fin de que as persoas non perciban menos salario unha vez funcionarizadas.
- Suba salarial do 0,5% ligado ao Acordo da Administración do S.XXI asinado por UGT e CCOO con referencia a que o PIB de 2023 superase o 2,1%: informa que consultado o mércores pasado na Comisión de Emprego Público Estatal sobre a súa implementación, confirman que ten que haber con carácter previo un acordo do Consello de Ministros e que o pago se realizará con efecto retroactivo dende o 01/01/2023 sobre as retribucións percibidas a 01/01/2022, a dúbida neste momento é si hai que esperar á aprobación dos Presupostos Xerais do Estado.
- Anuncian remisión, hoxe ou o luns, das bases de concursos de escalas de administración especial e tamén da administración xeral. Tamén se remitirán os buzóns de postos, co fin de levalas a Mesa Xeral e Comisión de Persoal o antes posible.
- UGT preguntou pola incidencia no FIDES para poder presentar o certificado médico, nas probas de Bombeiros/as Forestais, toman nota.
- UGT anunciou escrito ao respecto de persoas que funcionarizadas en C2, teñen certificación de servizos prestados en categorías do Grupo III ao respecto da súa intención de participación pola quenda de promoción interna e a valoración dese tempo de traballo en categorías homologas ao Grupo III