Adiamento, para a vindeira Comisión de Persoal do próximo venres 26, do punto sexto, da orde do día, Proposta de Acordo do consello da Xunta de Galicia sobre as actuacións en materia de persoal para a xestión dos fondos de recuperación e resiliencia (frr) e outros fondos europeos.
Na dita Comisión do venres incluirase a OPE do ano 2021, tanto de Administración Xeral como do persoal da Lei 17.
MODIFICACIÓN RPT DA AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA – ATRIGA
A documentación remitida contempla dous cambios, sobre a inicial: eliminación nunha serie de postos facultativos de experiencia en materia tributraria e a apetura de determinados postos ao a A1 Niveis 25.
Sobre esta cuestión:
Como xa se comentou en reunións previas, valoramos positivamente o incremento de niveis do 24 ao 25, si vemos unha problemática que se vai a xerar co Nivel 26 ou 27, porque nos fixemos unha solicitude para as xefaturas de xestión e recadación para que entraran nesa mesma situación. Consideramos ademais que habería que mirar a situación do persoal de situación máis baixa destas unidades. No obstante valorase positivamente o tema de recorrer ao crédito existente e non ter que amortizar postos, así como as dúas melloras que veñen na memoria tanto o tema da eleminiación da experiencia en materia tributaria e a apertura do posto das subxefaturas de unidade a A1 e A2
UGT: A favor. CIG: En contra. CCOO: Abstención. CSIF: En contra.
MODIFICACIÓN RPT DA AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA – AMTEGA
Sen modificacións respecto da proposta debatida na Mesa.
UGT posicionámonos en contra da figura do persoal directivo, dende a súa inclusión na LEPG, entendemos tamén que existe un excesivo uso da figura da libre designación e apertura de postos a outras administracións.
UGT: En contra. CIG: En contra. CCOO: En contra. CSIF: En contra
MODIFICACIÓN RPT DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Sen cambios desde a Mesa Xeral, establece a aplicación do Acordo de AAFFMM
Da cumprimento ao Acordo de condicións de traballo dos Axentes Forestais e Medioambientais, asinado por esta Organización.
UGT: A favor. CIG: Abstención. CCOO: A favor. CSIF: A favor.
CONVOCATORIA PROCESO SELECTIVO DA ESCALA DE LETRADOS
Sen cambios desde a Mesa, inclúe como novidades a reserva de nota e a redución de algún tema.
UGT considera que este proceso selectivo se ten amosado pouco efectivo nos seus resultados que evidencia o fracaso do mesmo. Avogamos por un cambio de modelo que axude a conseguir os resultados necesarios para dotar á Administración Galega de efectivos suficientes na escala de Letrados.
UGT: En contra. CIG: En contra. CCOO: En contra. CSIF: Abstención.
VARIOS:
- Habilitación de Letrados:
Facilita o dato requirido de número de habilitacións en escala de Letrados que é de 8 persoas, e que as dúas ou tres últimas foron obxecto de oferta mediante comisión de servizo, de conformidade coa Lei de asistencia xurídica da Comunidade Autónoma.
- Procesos selectivos:
Non avanza previsións sobre calendario de procesos selectivos en atención a que os mesmos están pendentes de autorización das autoridades sanitarias, de conformidade se vaia desenvolvendo a situación epidemilóxica. A partir de mediados ou finais de abril se podería comezar a facer algún tipo de previsión.
- Tratamento de cuestións do persoal non docente da Consellería de Educación:
Están en contacto coa Consellería para ver cal é o procedemento negocial, si se trae a esta Mesa ou a ver como se fai para o tratamento daquelas cuestións específicas do persoal non docente, darán resposta.
- Solicitudes de Grao de carreira:
Non concretan a apertura de solicitude do segundo grao extraordinario de carreira.
- Buzón de postos de quenda de promoción interna de Categorías de Incendios:
Sen resposta.
- Concurso de traslados de corpos xerais:
Sen resposta.
- Coincidencia de tomas de posesión dos procesos selectivos de Estabilización, Consolidación co concurso de traslados de persoal funcionario:
Sen resposta.
- Concursos de persoal de escalas:
Só pendentes de convocar a Escala de Finanzas, e mirar si é posible o do persoal Veterinario.
- Adscricións provisionais:
Requirimos aclaración ao respecto da controversia xerada pola recente denegación de varias adscricións, responde que se está a traballar na redacción dunha instrución ao efecto e que en canto a teñan será remitida ás Organizacións Sindicais.