Sectores

Comeza o prazo para anotarse ás oposicións de ensino

Vén de publicarse no DOG a Orde do 28 de xaneiro de 2022 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A)

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia: dende o día 1 ata o 21 de febreiro.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Poderán cubrirse antes  na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos http://www.edu.xunta.gal/oposicions, pero deberán  presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Así mesmo, deberá procederse ao pagamento da taxa vixente no momento da presentación electrónica da solicitude, de acordo co establecido na base 3.8 da orde.

Se tes dúbidas ou precisas a nosa axuda contáctanos na sede máis cercana.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.