Por estar afiliado ou afiliada a UGT Servizos Públicos, tes unha cobertura gratuíta de subsidio por suspensión temporal de emprego e soldo, en caso de sentenza xudicial ou sanción administrativa, e Defensa penal. Todas as persoas afiliadas á Federación UGT Servizos Públicos están aseguradas nunha póliza colectiva gratuíta coas seguintes coberturas:

Captura de pantalla 2022 07 12 113527

 

Para solicitar a prestación, será necesario presentar un certificado selado por UGT Servizos Públicos, que acredite a condición de asegurado á póliza colectiva e onde conste a profesión.

 

Vantaxe negociada para a afiliación.

Captura de pantalla 2022 07 12 113816

 

Todas as persoas afiliadas de UGT con máis dun ano de antigüidade están aseguradas por unha póliza colectiva de accidentes, que garante unha indemnización de 9.000 € en caso de falecemento por accidente. Agora podes ampliar gratuitamente a súa cobertura, cun capital adicional de 9.000 € en caso de falecemento por accidente laboral. Ademais, se aínda non cumpriches o teu primeiro ano de afiliación, podes beneficiarche dunha póliza colectiva de accidentes gratuíta, coa garantía de 3.000 € en caso de falecemento por accidente e de 6.000 € en caso de falecemento por accidente laboral.

https://bit.ly/Atx2UGT

 

En apoio ao teu labor, tamén che obsequiamos cun seguro de accidentes para protexerte cun capital de 6.010€ en caso de morte por accidente, durante o exercicio da túa actividade sindical.

Para beneficiarte desta vantaxe, só tes que ter a condición de representante dos traballadores, en calquera das súas modalidades legais e encher un sinxelo formulario en liña para adherirte gratis á póliza colectiva de falecemento por accidente no exercicio da actividade sindical. Seguro da entidade GACM SEGUROS XERAIS COMPAÑÍA DE SEGUROS E REASEGUROS, S.A.U.

Captura de pantalla 2022 07 12 114044

http://bit.ly/AtddssUGT

 

 

AMPLÍA A INFORMACIÓN AQUÍ

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.