UGT SP Ensino, co motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, recorda a fenda de xénero que existe no noso país neste ámbito, tanto nos estudos relacionados coas especialidades tecnolóxicas, coma nos postos de traballo.
A presencia de referentes femeninos na ciencia é algo que, co traballo e o impulso da sociedade está cambiando. Así, continuamos reclamando políticas inclusivas, sociais e xustas, que faciliten unha verdadeira conciliación da vida laboral e familiar, e capaces de avanzar na igualdade real de oportunidades entre todas as persoas, independentemente do seu xénero.
