INFORMACIÓN importante para os CHAMAMENTOS para sustitucións e interinidades
ENLACE das VACANTES e Listas
(recomendamos estar atent@s as posibles variacións de maneira continua)
NORMATIVA actualizada (Acordo de Interin@s · UGT · CCOO · CSIF · ANPE)
⁉️Que pasa se NON collo a CHAMADA📞
· De non coller a 1ª chamada📞 (continuándose coa cobertura das prazas) enviaríaselle un correo electrónico e un SMS 📩informativo, e transcorrida unha hora, se segue habendo prazas sen cubrir, volveríase a ser chamad@ .
· De non coller esa 2ª chamada📞 (ou de non ser chamad@ por inexistencia de máis prazas vacantes) volveríase a ser chamad@ no seguinte día de chamamentos pola orde correspondente..
· Se non se collese a 3ª chamada📞 ese 2º día seríase ❌penalizad@ durante 7 días naturais.
Quen fora penalizad@ 3 veces diferentes (consecutivas ou non) será ❌excluíd@ definitivamente (tras trámite de audiencia)
PROCEDEMENTO actual ( * ) de chamamentos e casuísticas de NON COLLER
( * ) previsto para o curso 2025/2026 (pero aínda non operativo) o CAMBIO no SISTEMA de CHAMAMENTOS por unha APLICACIÓN🖥️ (aínda perfilándose os detalles técnicos) garantíndose para o persoal sustituto máis dereitos, igualdade, transparencia e respeto, dispoñendo de tempo previo prudencial para meditar a decisión.
📊 INFOGRAFÍA · Voz de Galicia ®️

⏰HORARIOS dos chamamentos📞
· 10h a 15h (norma xeral)
· En datas especiais (inicio do curso, post Nadal/Semana Santa) tamén podería ser de tarde de 15h a 20h
⛔Prazas de aceptación voluntaria (sen penalización)
· ⏱️Prazas a Tempo Parcial⏱️ (1/2 xornada)
· 🚕Prazas Itinerantes (agás Relixión) ou de Atención Domiciliaria
· ⚡Prazas en Centros Penitenciarios ou Centros de Menores ou outros definidos como de difícil desempeño
🔏CONSOLIDACIÓN nas Listas
Tod@ sustitut@/interin@ terá dereito a consolidar o seu posto nunha lista sempre que alguén nun posto inferior traballe (ainda que @ interesad@ non traballe por posible renuncia ou restrición de zona)
Excepción (non dan dereito a consolidar): Chamamentos por Bilingüismo
🚫Causas de RENUNCIAS · Sen penalización/expulsión das listas

☝️Limitacións para as RENUNCIAS :
· 3 cursos por contrato de TRABALLO👷🏻♀️
· 3 cursos por ampliación de ESTUDOS📚 (prorrogable 2 anos máis · requisitos especiais)
📍Causas para REDUCIÓN/RESTRICIÓN de ZONA (PROVINCIA e CONCELLOS) para os chamamentos

- A redución/restrición teríase que facer obrigratoriamente no 1º chamamento
- Só podería reducir/restrinxir quen acabe de ser engadid@ nas listas (oposicións) e/ou non tivera consolidado listas antes do 15 de xuño do 2025 e (para restrinxir Concellos) ter as casuísticas indicadas na imaxe anterior.
- Podería reducir/restrinxir Concellos excepcionalmente (aínda consolidado nas listas antes do 15 de xuño do 2024) quen xustifique unha causa sobrevida a posteriori do 15 de xullo dalgunha das casuísticas indicadas na imaxe anterior.
Para calquera dúbida, aclaración ou necesidade de axuda…
CONTACTOS Sedes UGT Ensino