Sectores

Carreira Profesional e Complemento de Desempeño: Ampliación de prazo para a Resolución de Expedientes


Publícanse hoxe en DOG, mediante dúas resolucións (carreira profesional, complemento de desempeño) a ampliación do prazo para resolver os expedientes de solicitude, en tres meses.

As razóns expostas para a ampliación son:

4. Dada a elevada cantidade de solicitudes feitas por fóra da canle prevista (Fides), o feito de que se trata dun programa novo aínda en fase de desenvolvemento e a falta de medios persoais e materiais da subdirección que tramita o procedemento, a Dirección Xeral da Función Pública dispuxo a modificación da RPT para a creación de máis prazas, ben que non é un proceso inmediato.

5. A adaptación a un novo sistema e as dúbidas xurdidas na tramitación do procedemento acerca da presentación de méritos e a valoración da antigüidade das solicitudes que foron desestimadas polo baremo fai necesario a consulta coa Comisión de Seguimento do acordo, que tamén afecta os prazos de resolución.

Por iso, co obxecto de cumprir co prazo recollido na orde de convocatoria, cómpre ampliar o prazo de resolución ao non se poder cumprir o prazo previsto.

UGT na Comisión de seguimento solicitou, o 19 de xaneiro, que de conformidade coas ordes de convocatoria e en aras a eficacia do procedemento e co fin de evitar requirimentos e alongar así a resolución dos expedientes, parecíamos que existían criterios que moi probablemente, no primeiro momento da resolución, non foran contrastados con outros datos que lle constan a administración, a maiores da formación, cuestión que si contempla a orde que debe facerse e que si debían ser tidos en conta co fin de evitar dilacións non desexadas na conclusión do procedemento.

O tempo e o DOG viñeron a darnos a razón, esperamos que coa ampliación de postos, para a Dirección Xeral da Función Pública e para a Subdirección encargada da tramitación deste procedemento, que aprobará hoxe, con toda seguridade, a Comisión de Persoal da RPT de Facenda e Administración Pública, se arranxen estes atrancos na resolución dos expedientes.

INFORMA-T

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.