Sectores

Carreira administrativa graos I e II: Procedemento de emenda de documentación antigüidade (funcionarios/as)

Publicada a seguinte Resolución de requirimento de documentación:

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación do procedemento de acceso aos graos I e II da carreira administrativa, para o persoal funcionario por falta de antigüidade.

Publícase no Anexo I a relación de solicitantes que deberán acreditar o cumplimento do criterio de antigüidade, solicitando a súa actualización.

Experiencia interna:

  • A experiencia interna serán os servizos prestados na Administración Xeral da Xunta de Galicia e entidades dependentes, baixo o ámbito da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.
  • Para actualizala debes presentar a documentación:
    • Por vía electrónica mediante un procedemento PR004A dirixido á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal sinalando o procedemento asociado AP504F Actualización de méritos. E,
    • Excepcionalmente, de forma presencial por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Experiencia externa:

  • Considérase experiencia externa os prestados en
    • Administración de xustiza
    • SERGAS
    • Organismos non incluídos no ámbito de aplicación do V Convenio colectivo único ou co seu procedemento de integración rematado de conformidade co Decreto 129/202.
    • Calquera outra Administración Pública distinta da Xunta de Galicia.
    • A actividade que se corresponda con antigüidade externa acreditarase a través de FIDES.

Procedemento:

  • Achega os servizos prestados ao teu expediente a través do enderezo https://fides.xunta.gal.
  • Comproba os datos que figuran no teu expediente electrónico.
    • Consulta os servizos prestados baremables neste proceso na epígrafe de «Experiencia profesional». Se figuran no estado de «validados» non precisas realizar ningunha actuación.
    • Se non constan servizos, debes incorporar a información non rexistrada presentando a solicitude de actualización dos méritos xunto coa documentación acreditativa deles.
  • Os servizos que figuran no estado de «acreditación documental incompleta (DI)» deberán ser acreditados. Para elo:
  • Presenta toda a documentación que figure incompleta e xustifique a totalidade do mérito rexistrado:
    • Se tes as copias electrónicas auténticas a través de Fides ou
    • Se non tes copias electrónicas auténticas, presentando a documentación de maneira presencial, xunto coa solicitude de actualización, no Rexistro.
  • MÉRITOS DAS LETRAS C A G DA ORDE DE CONVOCATORIA:
    • Debes presentalos
      • Preferiblemente por vía electrónica: procedemento PR004A
        • Dirixido á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sinalando o procedemento asociado AP504L Actualización de méritos.
      • Excepcionalmente, de forma presencial (artigo 16.4 da Lei 39/2015).

PRAZO SOLICITUDES

  • Dende o día 19 de xullo de 2024 e será de 20 días hábiles.

IMPORTANTE:

As persoas que estean incursas nun proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, e aqueloutras que xa presentasen documentación que estea pendente de validar na plataforma Fides e que sexa suficiente para acreditar os criterios de avaliación neste procedemento de carreira administrativa, non deberán volver a presentar a dita documentación.

As persoas solicitantes relacionadas no anexo son requiridas para que, no prazo máximo de 20 días hábiles a partir do día 19 de xullo de 2024, acheguen os documentos preceptivos segundo o procedemento establecido. De non o faceren, considerarase que desisten da súa petición, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Na páxina web de Función Pública https://www.xunta.gal/funcion-publica/carreira-profesional dispós de axuda con instrucións sobre o acceso, así como medios de contacto específicos en caso de dúbidas ou problemas técnicos.

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.