Sectores

Campaña de vixilancia periódica da saúde para o ano 2022 no ámbito da Administración Xeral da Xunta de Galicia


CAMPAÑA DE VIXILANCIA PERIÓDICA DA SAÚDE PARA O ANO 2022 NO ÁMBITO DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA XUNTA DE GALICIA (03

Inscrición:

  • Comeza o de febreiro e termina o 2 de xuño.

  • Realizarase telematicamente no Portax (Portal do Empregado Público da Xunta de Galicia) ou do OPAX (Oficina virtual do persoal da Administración de Xustiza).

No DOG de hoxe:

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o ano 2022 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.

Ámbito persoal:

Administración xeral, agás o que presta servizo en centros docentes, Entes Instrumentais, Fundacións e SERGAS.

INSCRICIÓN E PRAZOS:

A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible no Portax (Portal do Empregado Público da Xunta de Galicia) ou do OPAX (Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza).

A inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a tramitación da solicitude.

Toda inscrición xerará un xustificante do consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.

O prazo de inscrición rematará transcorridos 4 meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, agás:

  • Persoal de nova incorporación

  • Persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde

  • Persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións.

Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais

INFORMA-T

2021)

 

Picture of UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos

UGT Servizos Públicos é unha federación de UGT dedicada á defensa dos dereitos e intereses dos traballadores dos servizos públicos en España.