Con motivo do 25 de novembro de 2025, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, desde UGT Servizos Públicos presentamos a campaña Por unha sociedade libre de violencia machista. Respostas integrais, coordinadas e 100% públicas.
O ordenamento xurídico do noso país en materia violencia machista establece que os poderes públicos deben garantir ás mulleres vidas libres de violencia. Para iso, deseñáronse estratexias e políticas que implican a diferentes sectores dos servizos públicos como o educativo, sanitario, servizos sociais, servizos de emprego, forzas e corpos de seguridade do estado, xustiza, ou os creados especificamente como a atención telefónica. A experiencia da posta en marcha e desenvolvemento das respostas á violencia machista, sinalan a necesidade de investir recursos para atendela de maneira integral e coordinada. Na nosa campaña deste ano polo 25N queremos poñer a atención sobre as respostas para a prevención, protección e eliminación e chamar á campaña Por unha sociedade libre de violencia machista. Respostas integrais, coordinadas e 100% públicas.
Na campaña temos o obxectivo de analizar e visibilizar os servizos públicos implicados e as súas respectivas funcións para previr, atender, protexer e contribuír a eliminar a violencia machista.
A campaña Por unha sociedade libre de violencia machista. Respostas integrais, coordinadas e 100% públicas, consta de:
- Cartel 25N en liña en A3 para imprimir co lema Por unha sociedade libre de violencia machista. Respostas integrais, coordinadas e 100% públicas nos 4 idiomas: castelán, catalán, eúscaro e galego.
- Imprescindibles novembro 2025: Servizos públicos Os SERVIZOS PÚBLICOS responden fronte á violencia machista.
- Manifesto Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, 25 de novembro: SERVIZOS PARA A PREVENCIÓN E ATENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO: 100% PÚBLICO.

