Durante todo o vindeiro mes de xaneiro, os mutualistas que así o desexen poderán solicitar o cambio de entidade sanitaria, tanto se estean afiliados a servizos públicos de saúde como a entidades aseguradoras incluídas no Concerto de Asistencia Sanitaria 2022-2024 (ligazón). ): Asisa, DKV e SegurCaixa Adeslas. O cambio pódese facer en calquera dirección. É o único prazo ordinario anual para solicitar o cambio.
Para facer unha elección fundamentada, o colectivo mutualista pode consultar a oferta das distintas entidades no apartado «Encuentra tu médico» da web.
Canles habilitadas para o cambio de entidade:
A solicitude de cambio ordinario de entidade poderá realizarse por diferentes medios.
- Sede electrónica, con Cl@ve ou Cl@ve PIN permanente, certificado electrónico ou DNI electrónico. Pódese facer en calquera momento e é o xeito máis rápido.
- Se non se realiza por medios electrónicos, o formulario poderá enviarse por correo postal á oficina correspondente, ou presentarse en calquera rexistro contemplado no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
- En caso de problemas co servizo electrónico ou envío postal, tamén se pode acudir ás delegacións provinciais para realizar a solicitude, previa cita.
Recoméndase o uso da sede electrónica ou correo postal, tendo en conta a saturación que se produce a principios de ano nalgunhas oficinas.