Xúntase a Resolución do 11 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca o concurso de adxudicación de destinos provisionais para o curso académico 2024/25 entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores de educación, catedráticos e profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, para extinguir, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (código de procedemento ED002B).
O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 21 de xuño de 2024 ata o día 11 de xullo de 2024, ambos os dous incluídos.
O persoal docente obrigado a participar que NON PRESENTEN SOLICITUDE entenderase que se acollen á validez da súa última solicitude realizada entre os cursos escolares 2018/19 e o 2022/2023 (aconsellamos igualmente revisala e realizala de novo)
RELACIÓN de solicitudes estimadas e non estimadas de NON PARTICIPACIÓN no CADP
IMPORTANTE · RECORDATORIO:
Todo persoal docente que solicitase unha COMISIÓN (conciliación ou saúde) terá tamén igualmente a OBRIGA de efectuar a solicitude no CADP neste período ordinario‼️
Para calquera dúbida, aclaración ou necesitade de axuda:
CONTACTOS e sedes UGT Ensino